Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 1995 Páx. 1.479

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (220/1994).

Acordado no expediente de xurisdicción voluntaria número 220/1994, que se segue neste xulgado por instancia de Olga Noya Vilouta sobre declaración de falecemento do tío da solicitante, Xosé Vilouta Bustelo, nado en Santiago o día 6 de novembro de 1899, o cal no ano 1916 marchou a Montevideo, ignorándose o seu actual paradoiro.

O que se publica para os efectos do disposto no artigo 2.042 da L.A.C. co obxecto de dar a coñece-la existencia do expediente e de que poidan formularse, se é o caso, alegacións.

En Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1994.

O secretario

Rubricado