Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 1995 Páx. 1.478

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (371/1994-C).

En virtude do acordado por Camilo José García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos de Santiago de Compostela, en providencia desta data, dictada en xuízo de faltas número 371/1994-C que se segue sobre lesións en agresión, cítase o denunciado Jaime Luaces Arias, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza perante este xulgado o próximo día vinteún de marzo de 1995 as 10.50 horas co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo verbal de faltas, cos medios de proba de que se intente valer, facéndose sabe-lo disposto no artigo 8º do Decreto do 21 de novembro de 1952; podendo ser asistido de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, trinta e un de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Camilo José García-Puertas Magariños

Secretario do xulgado