Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 1995 Páx. 1.4977

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Xestión de Explotacións Agrarias Río Tambre.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Xestión de Explotacións Agrarias Río Tambre que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: Á devandita asociación poderán pertencer todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dunha explotación ou que traballen como axuda familiar en explotacións agrarias.

Asinan a acta de constitución: Antonio Quintela Portos e dez persoas máis.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais