Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 1995 Páx. 1.477

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 17 de febreiro de 1995 pola que se establecen as condicións da segunda mobilización da emisión de obrigacións da Comunidade Autónoma de Galicia por importe de 21.000 millóns de pesetas.

De acordo coa autorización concedida á Xunta de Galicia para emitir débeda pública polo art. 24.1 da Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma para 1994, o Consello da Xunta polo Decreto 152/1994 autoriza o conselleiro de Economía e Facenda para formalizar durante 1994 determinadas operacións de endebedamento dentro de certos límites. Con base nesas autorizacións legais, o 21 de decembro de 1994 asinouse unha operación de préstamo sindicado por importe de 21.000 millóns de pesetas con opcións de mobilización en obrigacións polo mesmo importe nominal.

Considerando o establecido na disposición derradeira primeira do Decreto 152/1994 e unha vez publicada a orde da Consellería de Economía e Facenda do 25 de xaneiro de 1995 (DOG nº 19, do 27-1-1995) pola que se emite a totalidade das obrigacións antes referidas e se poñen en coñecemento as condicións da primeira mobilización do préstamo,

DISPOÑO:

Artigo un

Darlles publicidade ás condicións das obrigacións que se poñen en circulación como consecuencia da segunda e última mobilización do préstamo convertible do 21 de decembro de 1994.

Artigo dous

-Importe nominal das obrigacións postas en circulación mediante esta segunda mobilización: 11.000 millóns de ptas.

-Data da emisión: 2 de febreiro de 1995.

-Tipo de xuro: 12,20%.

-Data da subscrición: 27 de febreiro de 1995.

-Data de desembolso: 28 de febreiro de 1995.

-Prezo efectivo desta mobilización: 100,86904109%.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 1995.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda