Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 1995 Páx. 1.478

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 2 de xaneiro de 1995 pola que se regulan as axudas para a execución de programas de apoio ás familias polas corporacións locais.

Advertido erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 8, do 12 de xaneiro de 1995, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 474, punto 6 do anexo II, cualificación e dedicación do persoal do proxecto, onde di: «Caso de presenta-lo programa referente a educadores familiares a titulación esixida será a de diplomado en EXB, psicólogo ou pedagogo», debe dicir: «Caso de presenta-lo programa referente a educadores familiares a titulación esixida será de diplomados en EXB, diplomados en traballo social e asistentes sociais, psicólogo ou pedagogo».