Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 1995 Páx. 1.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. Enderezo: Praza de María Pita, nº 1. 15001 A Coruña. España. Tfno.: 18 42 19. Fax: 18 42 71.

2. Modalidade da adxudicación: concurso aberto.

3. Obxecto do contrato: redacción do proxecto e execución das obras de ampliación e reforma das instalacións deportivas municipais de Riazor (referencia 095/5).

Características xerais da obra: edificación, estructura.

Tipo de licitación-orzamento da obra: 1.380.000.000 pesetas (IVE incluído); 1.189.655.172 pesetas (sen IVE).

4. Prazo de execución: será ofertado polos licitadores no programa de traballo, sen que en ningún caso poida ser superior a dezaoito meses contados a partir da firma da acta de comprobación do replanteo.

5. Solicitude da documentación: véxase o punto 1. Unidade de Obras e Concesións, ata as 13 h. do día 7 de abril de 1995.

6.a) Data límite de recepción de proposicións: 13 h. do día 7 de abril de 1995.

b) Enderezo: véxase punto 1. Rexistro Xeral de Entrada.

c) Idioma: castelán.

7.a) Persoas admitidas á apertura de plicas: acto público.

b) Data, hora e lugar: 10 de abril de 1995. 12 h.: véxase punto 1.

8. Fianzas e garantías: fianza provisional: 27.600.000 pesetas. Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

9. Modalidades de orzamento e pago: orzamentos municipais.

10. Forma xurídica da agrupación de contratistas: agrupación temporal de empresarios de conformidade, co establecido nos artigos 26, 27 e 288 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

11. Condicións mínimas: clasificación empresarial: grupo C, categoría f; grupo I, subgrupos 1, 6 e 8, categoría c.

12. Prazo de validez da proposición: 3 meses.

13. Criterios de adxudicación: experiencia do licitador; solvencia financeira, económica e técnica; calidade técnica do proxecto básico, así como do conxunto da oferta a presentar; garantías neste tipo de obras. Valorarase moi especialmente ter realizado obras similares; estudio detallado do plan de obra e prazos de execución onde en cada fase se faga consta-lo número de localidades dispoñibles; cate-

goría dos medios materiais e persoais; integración das novas obras con tódalas instalacións existentes no complexo deportivo.

14. Información adicional: a proposición económica será formulada conforme o modelo que acompaña ó prezo de cláusulas administrativas particulares en sobre pechado, reintegrada cun timbre municipal de 698.876 pesetas e presentada en man ou por correo, no Rexistro Xeral de Entrada, véxase punto 1, en horas de 9 a 13.

15. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial da Unión Europea: 14 de febreiro de 1995.

A Coruña, 14 de febreiro de 1995.

O alcalde

Rubricado