Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 1995 Páx. 1.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TORDOIA

EDICTO do 17 de xaneiro de 1995 polo que se anuncian probas selectivas para cubrir en propiedade unha praza de conserxe.

De conformidade co disposto no artigo 6.2 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos ós que se debe axusta-lo procedemento de selección dos funcionarios de Administración local, faise público que ó Concello de Tordoia convoca probas selectivas para cubrir en propiedade, mediante o sistema de oposición libre, unha praza de conserxe, vacante no cadro de persoal de funcionarios deste concello.

Esta praza está integrada no grupo E, encadrada na subescala subalterna da escala de Administración xeral, dotada coas retribucións que corresponden ó dito grupo e de acordo coa lexislación vixente.

As bases desta convocatoria foron publicadas no Boletín Oficial da provincia da Coruña, nº 12, do 16 de xaneiro de 1995. O prazo de admisión de instancia será de trinta días hábiles a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tordoia, 17 de xaneiro de 1995.

Andrés García Lamas

Alcalde