Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 1995 Páx. 1.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Bóveda-Vilar de Barrio (Vilar de Barrio-Ourense), devolto polo servicio de correos ó resultar ausente e sen enderezo coñecido o seu destinatario.

Pola presente, e en cumprimento do establecido no artigo 59.1º 4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado cos datos persoais e o último enderezo coñecido que se sinalan no anexo I, a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por María Lucila e Ana Sánchez Sanmiguel contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Bóveda-Vilar de Barrio (Vilar de Barrio-Ourense); faise constar que conta esta cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,

no prazo de dous meses, contados desde o día da publicación da presente resolución.

ANEXO I

Destinatario: María Lucila e Ana Sánchez Sanmiguel.

Domicilio: Juan de Anges, nº 10 (Ourense).

Texto:

«Esta consellería, de conformidade co que antecede, resolve desestima-lo recurso de alzada interposto por María Lucila e Ana Sánchez Sanmiguel contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Bóveda-Vilar de Barrio (Vilar de Barrio-Ourense).

Da presente orde darase traslado ó interesado cos requisitos esixidos pola lexislación vixente.»

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 1995.

Ángel Ligero Fraile de Tejada

Director xeral de Estructuras e Desenvolvemento

Rural