Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 1995 Páx. 1.459

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (62/1994).

Maria Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dá fe de que no xuízo de cognición que se segue neste xulgado co número 62/1994, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Sentencia: en Santiago de Compostela, o 9 de xaneiro de 1995, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil de cognifición seguido neste xulgado co número 62/1994, no que actuaron como demandante Manuela Ces Canedo, maior de idade e veciña de Santiago de Compostela, representada pola procuradora dos tribunais Rita Goimil e asistida polo letrado Francisco Porto Mella, e como demandados Francisco Javier Ignacio Vázquez Álvarez, maior de idade e en paradoiro descoñecido e Antonio Rivera Barcia, maior de idade e veciño de Santiago de Compostela, representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, e defendido polo letrado José López Fernández, en reclamación de resolución de contrato de arrendamento urbano. Decido que, estimando a demanda presentada, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento do piso segundo dereita da casa 19 da rúa Xeneral

Pardiñas desta cidade e en con

secuencia condeno os demandados a que fagan entrega á demandante do piso litixioso deixándoo libre e ó seu dispor, con imposición de custas ó demandado comparecido.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado.

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde Francisco I. Vázquez Álvarez, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintecatro de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado