Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 1995 Páx. 1.459

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (144/1994).

Camilo José García-Puertas Magariños, secretario no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fai saber:

Que neste xulgado se tramita expediente de dominio número 144/1994 por instancia de José Alfredo Torreiro Calvo, Digna Suárez Suárez, José Rodríguez Vilela e América Gómez Barral representados pola procuradora Sra. Goimil Martínez sobre preservación do tracto sucesivo ininterrompido do predio urbano sito no Patio de Madres nº 9 de Santiago de Compostela, coa seguinte descrición:

«Unha casa sinalada co nº 9 da rúa Patio de Madres desta cidade de Santiago de Compostela, que ocupa

un soar duns cento sesenta e sete metros cadrados, e na súa extensión atópase incluído un patio, cunha horta unida ás súas costas, duns cento oitenta e un metros e corenta e oito decímetros cadrados, integrando un só predio que limita: á dereita entrando ou oeste, casa de Manuel Mosquera, sinalada co número 10; á esquerda ou leste, casa de Pilar Negreira, sinalada cos números 7 e 8; ó fondo ou sur, coa horta dos herdeiros de Arturo Ruibal; ó norte ou fronte, a dita rúa do Patio de Madres.»

Polo presente edicto cítase a cantas persoas ignoradas poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita, co fin de que no termo de dez días a partir da publicación deste edicto poidan comparecer no dito expediente para alegar canto ó seu dereito conveña, en orde á pretensión formulada.

E para que así conste, e en cumprimento do disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria, faise público para os oportunos efectos. Dou fe en Santiago de Compostela o dez de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado