Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 1995 Páx. 1.459

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1995 pola que sc corrixen erros advertidos na do 21 de decembro de 1994 (DOG do 5 de xaneiro de 1995) pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios.

Advertidos errores no anexo I da resolución desta universidade do 21 de decembro de 1994 (DOG do 5 de xaneiro de 1995) pola que se convoca concurso para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios, este rectorado ó amparo do previsto no art. 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede a súa rectificación nos seguintes termos:

Praza número: 94/057.-Onde di: «Docencia en enxeñería sanitaria e ambiental», debe dicir: «Docencia en enxeñería sanitaria e ambiental. E.T.S. camiños, canais e portos».

Praza número: 94/058.-Onde di: «Docencia en formigón armado e pretensado», debe dicir: «Docencia en formigón armado e pretensado. E.T.S. camiños, canais e portos».

Praza número: 94/059.-Onde di: «Docencia en ferrocarrís», debe dicir: «Docencia en ferrocarrís. E.T.S. camiños, canais e portos».

A Coruña, 30 de xaneiro de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña