Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 1995 Páx. 1.445

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 1 de febreiro de 1995 pola que se establece o programa de axudas para o fomento da economía social e a integración laboral dos minusválidos.

As diversas medidas de fomento do emprego postas en práctica polos países membros da Unión Europea pretenden o axuste macroeconómico e sectorial da política do emprego; actuacións de carácter xeral que convén completar con medidas de fomento e axudas a outras actividades non plenamente integradas no mercado libre económico-laboral, englobadas baixo o amplo concepto de economía social.

As iniciativas empresariais promovidas polos traballadores baixo fórmulas de asociación en cooperativas, sociedades anónimas laborais, a busca de autoemprego como traballadores autónomos e a creación de centros de traballo especiais para minusválidos reveláronse tradicionalmente como medidas eficaces para a xeración de emprego, mobilización de recursos, corrección de desequilibrios rexionais, e fixación da man de obra productiva, establecendo lazos de interese mutuo entre a poboación e o seu propio territorio.

O fomento das fórmulas de economía social, sen que isto supoña interferir na libre competencia, é unha obriga dos poderes públicos, recollida no seu artigo 129.2 da Constitución Española e recomendado no dictame 89/C248/16 do Comité Económico e social da Comunidade Económica Europea.

Por outro lado, no título VII da Lei 13/82, de integración social do minusválido, establécese como primordial finalidade da política de emprego a integración laboral dos traballadores minusválidos no sistema productivo, mediante fórmulas especiais de traballo protexido.

Segundo o establecido no artigo 29.1 do Estatuto de autonomía de Galicia e de conformidade co Decreto 168/1984, do 15 de novembro, correspóndelle á Comunidade Autónoma a xestión de calquera tipo de axuda, subvencións e préstamos que realizaba o Fondo Nacional de Protección ó Traballo e segundo o artigo 19.4 da orde do Ministerio de Traballo e Seguridade Social do 21-2-86, a xestión das axudas dos diversos programas de creación de emprego prevista nela.

A decidida vontade desta Administración de prestar apoio a tódolos programas xeradores de emprego, queda reflectida no Decreto 52/1994, do 4 de marzo, que establece liñas básicas de actuación da Consellería de Familia, Muller e Xuventude nestas materias, e nos acordos que sobre economía social se levaron a cabo coas centrais sindicais.

Os recursos económicos destinados ós distintos programas que se establecen no articulado da presente orde, procederán das partidas orzamentarias establecidas para o efecto nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma correspondentes ó exercicio de 1995 nas aplicacións orzementarias:

14.04.222A.470.00

14.04.222A.470.05

e aqueloutras que se creen como consecuencia da distribución territorial que a Administración central do Estado fai dos créditos correspondentes ós programas de apoio á creación de emprego e do Fondo Social Europeo.

Por todo o exposto, e en uso das facultades que teño atribuídas e para a debida aplicación dos créditos orzamentarios para o fin para o que se estableceron,

DISPOÑO:

Artigo 1.-

O obxecto da presente orde é o establecemento dos seguintes programas de apoio á economía social e fomento do emprego para o exercicio económico de 1995, que se axustarán ó disposto nos artigos 78 e 79 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, pola Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma galega para 1995, no Decreto 52/1994, do 4 de marzo, e pola presente orde de convocatoria.

I. PROGRAMA DE FOMENTO DE EMPREGO EN COOPERATIVAS E SOCIEDADES ANÓNIMAS LABORAIS

Artigo 2.-Finalidade.

A finalidade desta programa é facilitar axudas económicas, así como subvenciona-la asistencia técnica e formación, que contribúan á creación ou conservación de postos de traballo mediante a constitución, ampliación do número de socios ou ó mantemento de cooperativas ou sociedades anónimas laborais.

Artigo 3.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarias as cooperativas, as sociedades anónimas laborais (SALES) que teñan a súa sede no territorio e estean inscritas nos rexistros correspondentes desta Comunidade e/ou os seus socios traballadores ou de traballo.

Artigo 4.-Tipos de axuda.

1) Asistencia técnica.-A Consellería de Familia, MulIer e Xuventude poderá subvenciona-los gastos ocasionados pola asistencia técnica necesaria para a creación, mantemento ou renovación das cooperativas ou sociedades anónimas laboris.

Esta asistencia técnica deberá ser prestada por empresas ou persoas físicas especializadas que reúnan garantía de solvencia profesional e poderá consistir nalgunha das seguintes modalidades:

-Estudios de viabilidade, organización, comercialización e outros análogos.

-Axuda salarial, por un período máximo de un ano, para a contratación de directores, xerentes ou técnicos, tendo en conta o previsto para a contratación de asalariados pola lexislación de cooperativas e sociedades anónimas laborais.

-Labores de asesoramento, auditoría, diagnóstico, xornadas técnicas sobre xestión empresarial e economía social.

A asistencia técnica poderá ser solicitada e realizada con carácter individual ou conxuntamente para un sector de actividade, grupo ou comarca.

A asistencia técnica poderá ser subvencionada, na súa totalidade, pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude, cando sexa promovida de oficio, e ata un 50% do seu custo, xustificándose, cando sexa concedida por instancia de parte.

2) Fomación profesional e difusión da economía social.-A Consellería de Familia, Muller e Xuventude promoverá e subvencionará accións de formación profesional dos socios das cooperativas de traballo asociado e de sociedades anónimas laborais e así mesmo dos traballadores que desexen constituírse, ou integrarse en cooperativas ou sociedades anónimas laborais. Os beneficiarios destas subvencións poderán ser entidades sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación, a difusión e o fomento do cooperativismo e da economía social.

Así mesmo, a Consellería de Familia, Muller e Xuventude poderá promover e financiar directamente actividades de difusión, fomento, formación e promoción da economía social.

3) Subvencións financeiras.-Teñen por finalidade a reducción dos intereses dos créditos para investimentos en capital fixo, destinadas á constitución ou mantemento de cooperativas e sociedades anónimas laborais e solicitados a nome delas. Sen embargo, no caso de constitución, poderase destinar ata un 25% do importe dos ditas créditos a inversión en circulante.

Esta subvención será, como mínimo, de dous puntos, e como máximo de seis, do tipo de xuro fixado pola entidade de crédito que conceda o préstamo e non poderá supera-la contía de 500.000 pesetas por socio integrante, solicitándoa unha vez por socio.

Os préstamos, para seren subvencionables, deberán ser tramitados e concedidos por entidades de crédito que teñan subscrito convenio coa Comunidade Autónoma galega.

4) Rendas de subsistencia.-Poderanse conceder subvencións por este concepto de ata 500.000 pesetas, de participar no financiamento o Fondo Social Europeo, por socio traballador que no momento de adquiri-la condición de socio, estea desempregado/a e sexa menor de 25 anos, ou maior de 25 anos parado/a de longa duración, e que en ámbolos casos non medien máis de 3 meses entre a data de alta e a data da solicitude. Non obstante, para aqueles que se desen de alta con anterioridade á data de entrada en vigor desta orde o referido prazo de tres meses computarase a partir da citada data.

5) Axudas excepcionais.-Poderanse conceder axudas de carácter excepcional ás cooperativas que se dediquen o ensino e teñan o preceptivo concerto subscrito coa Cónsellería de Educación e Ordenación Universitaria, consistente nunha subvención ó tipo de xuro dos préstamos necesarios para o seu

establecemento, que se concertasen con entidades financeiras, ata un máximo de 1.000.000 de pesetas por socio, por unha única vez.

II PROGRAMA DE PROMOCIÓN DE EMPREGO AUTÓNOMO

Artigo 5.-Finalidade.

A finalidade desta programa é promover e axudar a financiar proxectos e iniciativas que faciliten o autoemprego.

Artigo 6.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios os desempregados/as que proxecten a creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores autónomos.

Artigo 7.-Tipos de axuda.

1) Subvención financeira.-Para a reducción de intereses de créditos destinados a financia-los investimentos necesarios para a súa constitución como traballador autónomo. Esta axuda estará suxeita ás mesmas indicacións do artigo 4.3) da presente orde.

2) Rendas de subsistencia.-Poderán outorgarse por unha soa vez, na contía de ata 500.000 pesetas de participa-lo Fondo Social Europeo no seu financiamento, unha subvención que garanta, durante o inicio da actividade, uns ingresos mínimos ou rendas de subsistencia, cando se trate de desempregados/as que obtiveran a subvención financeira sinalada no apartado anterior, sempre que non medien máis de 3 meses entre a data de alta e a data de solicitude. Non obstante, para aqueles que se desen de alta con anterioridade á data de entrada en vigor desta orde o referido prazo de tres meses computarase a partir da citada data.

III PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL DOS MINUSVÁLIDOS.

Artigo 8.-Finalidade.

A finalidade deste programa é estimular, mediante o seu financiamento, calquera iniciativa que xere emprego, preferentemente estable, para traballadores minusválidos desempregados.

Artigo 9.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas:

1) Os centros especiais de emprego, cualificados como tales pola Xunta de Galicia.

2) Os traballadores minusválidos desempregados que se constitúan en traballadores autónomos.

Artigo 10.-Axudas a centros especiais de emprego.

1) Para a creación ou ampliación de centros especiais de emprego poderán concederse as axudas e subvencións seguintes:

a.-Subvencións para a asistencia técnica, ata un máximo do 50% do seu importe, se é solicitada por instancia de parte, e ata un 100%, se fose concedida de oficio.

b.-Subvención parcial dos xuros, por un mínimo de dous puntos e un máximo de seis, dos préstamos destinados a investimento en capital fixo que obtivesen das entidades de crédito que teñan subscrito convenio coa Xunta de Galicia.

c.-Subvencións para financiar parcialmente o investimento fixo no caso de proxecto de recoñecido interese social.

2) Para mantemento de postos de traballo:

a.-Bonificación do 100% da cota empresarial á Seguridade Social, incluídas as de accidente de traballo e enfermidade profesional, así como as de recadación conxunta, despois de autorización administrativa da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, que lles será comunicada ós beneficiarios e á Seguridade Social.

b.-Subvención do custo salarial dos postos de traballo ocupados por minusválidos, que realicen unha xornada de traballo laboral normal e estean dados de alta na Seguridade Social, ata un importe máximo do 50% do salario mínimo interprofesional.

c.-Subvencións para adaptación de postos de traballo e eliminación de barreiras arquitectónicas, ata un 80% do seu custo, cunha contia máxima de 300.000 pesetas por posto de traballo.

d.-Subvencións por unha soa vez, destinadas a equilibrar e sanear financeiramente os centros especiais, para alcanza-la súa reestructuración, de xeito que se garanta a súa viabilidade e estabilidade.

e.-Subvención para equilibra-lo orzamento dos centros que carezan de ánimo de lucro e sexan de utilidade pública e imprescindibles polo labor que realicen.

Artigo 11.-Axudas ós minusválidos que se establezan como traballadores autónomos.

Os traballadores minusválidos en situación de desemprego que proxecten realizar unha actividade laboral como traballadores autónomos poderán solicita-las seguintes axudas:

1) Subvención dos xuros de préstamos, que obteñan de entidades de crédito nas mesmas condicións cás establecidas no artigo 4.3).

2) Subvencións para investimentos en capital fixo ata un importe de 400.000 pesetas como máximo.

3) Rendas de subsistencia, nas mesmas condicións e contías que as establecidas no artigo 7.2).

Artigo 12.-Requisitos.

1) As iniciativas e proxectos referentes ós centros especiais de emprego que soliciten os beneficios previstos no artigo 10.1) deberán reuni-los requisitos seguintes:

a.-Ter viabilidade técnica, económica e financeira.

b.-Supoñe-la creación de emprego estable.

A contía das subvencións non superarán os 2.000.000 de pesetas por posto de traballo creado, excepto casos excepcionais en que así o autorice a conselleira de Familia, Muller e Xuventude.

2) As subvencións e axudas graduaranse en función do rendemento económico e social do centro, da capacidade productiva do cadro de persoal, valorada no seu conxunto, e só acadarán o seu grao máximo cando os contratos sexan indefinidos e a xornada completa.

3) A bonificación prevista no artigo 10, apartado 2), punto a), será deducida directamente das cotas que se liquidarán mensualmente á Seguridade Social, unha vez que a Consellería de Familia, Muller e Xuventude o autorice, autorización que deberá renovarse cada vez que se produzan alteracións no número e condicións dos contratos.

4) Non se poderán conceder subvencións para equilibrar orzamentos, cando os resultados económicos adversos se deriven dunha deficiente xestión do centro.

NORMAS DE PROCEDEMENTO

Artigo 13.-Solicitudes.

1) As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral das respectivas delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude ou na forma prevista na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, xunto coa documentación esixida en cada caso.

2) As solicitudes de subvención de xuros para investimentos, presentaranse en calquera das entidades financeiras que teñan subscrito convenio para tal fin, presentando, tamén, copia dela ante a respectiva delegación provincial, para efectos de poder adxudicar número de orde de entrada.

3) Cando se trate de axudas á creación de emprego, só poderán presentarse solicitudes nas que os investimentos obxecto da subvención fosen levadas a cabo no presente exercicio.

Artigo 14.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de outubro. Sen embargo, e por razóns de eficacia, no mes seguinte a cada trimestre natural, excepto no cuarto trimestre, que se resolverá en decembro, resolveranse as solicitudes presentadas no trimestre anterior.

Artigo 15.-Tramitación.

1) As unidades administrativas receptoras examinarán as solicitudes recibidas, comprobando que a documentación presentada se axusta ó disposto na presente orde. Se se observase algunha deficiencia, notificarase ó solicitante para que, no prazo de dez días, se corrixan os defectos observados ou completen a documentación requirida, advertíndolles que se así non o fixesen arquivaranse sen máis trámite.

2) Unha vez realizado o trámite anterior, remitiránselle os expedientes á Comisión de Valoracion, que efectuará a oportuna proposta de resolución, pasando o expediente á Intervención Territorial co obxecto de ser fiscalizado; realizado o trámite, o expediente será resolto polo delegado provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

3) Para os efectos do disposto no apartado anterior, a comisión de valoración estará formada polo xefe de Servicio de Formación e Emprego, que a presidirá; como vocais, o xefe de sección competente en materia de promoción de emprego, que ademais actuará como secretario, e por un funcionario da respectiva delegación provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude designado polo delegado.

4) A conselleira de Familia, Muller e Xuventude poderá reservar para si a resolución daqueles expedientes en que, solicitando as subvencións previstas nos distintos programas contidos na presente orde, excedan do ámbito provincial, así como os daqueles sectores productivos que, polas súas características, situación ou circunstancias especiais, así o aconsellen.

Artigo 16.-Criterios de prioridade.

Cando se trata de axudas á creación de emprego, teranse especialmente en conta:

1) As solicitudes formuladas por membros de colectivos con especiais dificultades para acceder ó traballo, parados de longa duración, mozos de primeiro emprego, mulleras, ex-reclusos, etc.

2) As solicitudes nas que o ámbito territorial de execución afecta a comarcas con altas taxas de paro, baixo desenvolvemento, aproveitamentos de recursos propios e que supoñan ocupación para gran número de traballadores.

En calquera caso, só se atenderán solicitudes nas que os investimentos e a creación de postos de traballo fosen levados a cabo no presente exercicio.

Artigo 17.-Pagamento e forma de xustificación.

1) Rendas de subsistencia.

A subvención terase efectiva dunha soa vez, pola súa totalidade, directamente ó beneficiario, socio da cooperativa ou traballador autónomo.

2) Subvencións financeiras.

A subvención financeira para a reducción de xuros dos créditos para investimentos en capital fixo, farase efectiva á entidade prestamista, conforme o convenio subscrito, debendo acredita-lo beneficiario, no prazo de 30 días desde o seu coñecemento, a amortización do principal na conta subvencionada, mediante certificación para o efecto.

Para os efectos desta subvención, só se terán en conta, como investimentos en capital fixo, os seguintes conceptos:

-Compra, traspaso ou adecuación de locais comerciais ou industrisis, queda excluída a vivenda habitual.

-Compra de maquinaria, instalacións e utensilios.

-Compra de vehículos comerciais:

3) Axudas para a asistencia técnica e formación.

Cando sexa concedida de oficio para a creación de sociedade cooperativas e sociedades anónimas laborais, será aboada á empresa ou persoa física especializada, despois da xustificación do gasto, na forma establecida na Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995.

4) Axuda excepcional.

As axudas excepcionais concedidas a cooperativas dedicadas ó ensino, aboaranse por estas, unha vez feitas efectivas, á entidade prestamista, debendo acredita-lo beneficiario no prazo de 30 días calculados a partir do cobro, a reducción do principal do préstamo mediante certificación bancaria para o efecto.

Artigo 18.-Seguimento e control.

O seguimento e control das axudas concedidas de acordo coa presente orde, realizarase a través dos servicios da Consellería de Familia, Muller e Xuventude e da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

Disposicións adicionáis

Primeira.-

1) As subvencións de custo salarial e as bonificacións de cotas da Seguridade Social ós centros especiais de emprego non están suxeitas ó exercicio económico anual e presentaranse dentro dos corenta e cinco días ó de conclusión de cada trimestre.

2) As solicitudes de axudas feitas conforme a ordes de exercicios anteriores que reúnan actualmente os requisitos legais poderán ser atendidas este ano, tendo en conta a incidencia social e económica do solicitante.

Segunda.-

Os traballadores/as de 25 anos ou máis anos que se acollan ás modalidades de creación de emprego previstas na presente orde poderán ser beneficiarios dunha axuda equivalente á recollida no artigo 4.3) e 7.2), aínda que non reúnan a condición de seren desempregados de longa duración, nos seguintes casos:

1) Os emigrantes retornados que residisen ininterrompidamente no estranxeiro durante os 4 anos anteriores ó seu retorno realizarán nos últimos tres anos unha campaña de traballo no estranxeiro de polo menos seis meses en cada un deles.

2) As mulleres que accedan ó seu primeiro emprego ou se reincorporen ó mercado de traballo tras un período de inactividade e que realizasen un curso previo de formación ocupacional aprobado polo Instituto Nacional de Emprego ou pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude relacionado directamente coa súa actividade ou posto de traballo.

3) Os traballadores/as que para mante-lo seu posto de traballo adquiran os bens inventariables da empresa na que prestaban os se,us servicios e adop

ten a forma xurídica de cooperativa ou sociedade anónima laboral.

Terceira.-

O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións, así como a percepción doutras axudas non declaradas constituirá causa determinante de revogación de axuda e do reintegro desta por parte do beneficiario ou solicitante, xunto co xuro de demora, de acordo co establecido no artigo 78.6 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Cuarta.-

As cooperativas de traballo asociado cualificadas como centro especial de emprego poderán beneficiarse das axudas previstas no programa III, que non sexan concorrentes con outros programas para os seus socios traballadores, sempre que estas optasen a súa incorporación á Seguridade Social polo réxime xeral.

Quinta.-

Se por calquera causa, no momento no que a comisión de valoración teña que examina-las solicitudes, algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será substituído polo funcionario que para o efecto designe o respectivo delegado provincial e, sempre que sexa posible, o dito nombramento deberá recaer noutro funcionario do mesmo servicio ca el.

Sexta.-

Cando por razóns de interese social, as circunstancias así o aconsellen, a conselleira de Familia, Muller e Xuventude poderá conceder unha subvención, de oficio ou por instancia de parte, por unha soa vez, para o mantemento da entidade.

Sétima.-

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude poderá requirir en todo momento a documentación orixinal que considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións esixidas.

Oitava.-

A concesión das subvencións previstas na presente orde estará supeditada á existencia de crédito orzamentario.

Disposicións derradeiras

Primeira.-

Facúltase o director xeral de Formación e Emprego para que dicte, no ámbito da súa competencia, as resolucións e aclaracións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 1995.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude