Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 1995 Páx. 1.456

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ACORDO do 13 de febreiro de 1995, do tribunal que xulga as probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, polo que se fai pública a relación de aspirantes que superan o segundo exercicio da fase de oposición e o lugar a data e a hora de celebración do terceiro exercicio da fase de oposición.

Primeiro: as listas de aspirantes aprobados no segundo exercicio están expostas nos taboleiros de anuncios das consellerías de Economía e Facenda e da Presidencia e Administración Pública e nas súas respectivas delegacións. Así mesmo publicaranse nos taboleiros de anuncios da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela e poderán consultarse a través do teléfono 902 - 12 00 12 de atención e información ó cidadán.

Segundo: o exercicio celebrarase o día 25 de marzo, ás 9 horas, na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

Terceiro: poderase levar para a súa utilización no caso práctico:

-Calculadora.

-Textos legais, sen comentarios.

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado media hora antes da sinalada para o comezo do segundo exercicio, provistos do DNI.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 1995.

Maria Casals Mira

Presidenta do tribunal