Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 21 de febreiro de 1995 Páx. 1.445

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 2 de febreiro de 1995 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Amagobas nº 7 e tres máis.

Vistos os expedientes de cambio de dominio que a continución se mencionan, instruídos para efectos de transmisión das concesións administrativas pertinentes e dos establecementos que as amparan; tendo en conta que os interesados obtiveron autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista dos informes favorables do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade das concesións e establecementos que se relacionan a continuación:

Denominación da batea: Amagobas nº 7.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 40, Cangas «C».

Data de concesión: 7~2-1958 (BOE nº 60).

Data do remate da última prórroga: 11-3-2003.

Anterior concesionario: Manuel Portela García.

Novo titular da concesión: Mejillones Pilo, S.L.

Denominación da batea: Isabel nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 18, Cangas «D».

Data de concesión: 14-3-1967 (BOE nº 77).

Data do remate da última prórroga: 31-3-1997. Anterior concesionario: Manuel Portela García.

Novo titular da concesión: Mejillones Pilo, S.L.

Denominación da batea: Machus nº 8.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 41, Cangas «C».

Data de concesión: 21-9-1966 (BOE nº 237).

Data do remate da última prórroga: 4-10-1996

Anterior concesionario: Manuel Portela García.

Novo titular da concesión: Mejillones Pilo, S.L.

Denominación da batea: Machus nº 9.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 34, Cangas «C».

Data de concesión: 21-9-1966 (BOE nº 237).

Data do remate da última prórroga: 4-10-1996.

Anterior concesionario: Manuel Portela García.

Novo titular da concesión: Mejillones Pilo, S.L.

Os novos titulares concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e abrigas dos anteriores concesionarios, así como abrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 2 de febreiro de 1995.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Amancio Landin Jaráiz

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)