Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.427

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (287/1991).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela. Fago saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 287/1991, se seguen autos de executivo letras de cambio, por instancia do procurador Narciso Caamaño Queijo, en representación de Banco de Galicia, S.A., contra José Moar Figueira, en reclamación de cantidade, e nesas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e prezo de valoración por perito, os seguintes predios embargados ó demandado:

1. Local nº 3, planta baixa do bloque terceiro dun edifcio con fronte á rúa que vai a Ponte Pereda e a Conxo desta cidade de Santiago de Compostela, dunha superficie útil de 51,90 m. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, tomo 779, libro 427, folio 49, predio número 30.652. Prezo de valoración 5.190.000 ptas.

2. Local nº 5, planta baixa do bloque quinto, dun edificio con fronte á rúa que vai de Ponte Pereda a Conxo desta cidade de Santiago de Compostela, cunha superficie de 67,20 m. Inscrita no Rexistro da Propiedade tomo 779, libro 427, folio 55, predio número 30.654. Prezo de valoración 6.720.000 ptas.

3. Local nº 11, piso primeiro do bloque quinto; letra E, dun edificio con fronte á rúa que vai a Ponte Pereda e a Conxo, desta cidade de Santiago de Compostela. Ten acceso polo portal nº 5. Ten unha superficie útil con inclusión do lavadoiro-tendal duns 72,65 m. Inscrito no Rexistro da Propiedade tomo 779, libro 427, folio 73, predio número 30.654. Prezo de valoración 9.500.000 ptas.

4. Local nº 15, piso segundo do bloque terceiro, letra C, dun edificio con fronte á rúa que vai a Ponte Pereda e a Conxo desta cidade de Santiago de Compostela. Ten acceso polo portal nº 3. Ten unha superficie útil, con inclusión do lavadoiro-tendal, duns 66,95 m. Inscrito no Rexistro da Propiedade tomo 779, libro 427, folio 85, predio numero 30.664. Prezo de valoración 8.700.000 ptas.

5. Metade indivisa da parcela sinalada cos números 323, 324 e 325 da zona de concentración parcelaria de Sta. María da Peregrina no municipio de Santiago de Compostela, destinada a labradío e prado, onde chaman Pontellas e Cancellas, de tres hectáreas, sesenta e unha áreas e sete centiáreas. Inscrito no Rexistro da Propiedade tomo 1.023, libro 65 da sección 2ª, folio 15 vto., predio número 5.329. Prezo de valoración 4.500.000 ptas.

6. Predio rústico sito no concello de Ordes, parroquia de San Xoán de Poulo lugar de Pardiñas. Monte chamado Lamelas de Absixo, de 8 ferrados ou 4.000 m. Linda: norte e leste, monte dos herdeiros de Carmen Zuazo Ortega, cámara baixa que a sostén por este lado; sur, monte de Venancio Varela e esposa, e oeste, Jesús Veiras Pérez. Inscrito no Rexistro

da Propiedade tomo 267, libro 50 de Ordes, folio 208, predio número 7.214. Prezo de valoración 440.000 ptas.

7. Predio rústico sito no concello de Ordes, parroquia de San Xoán de Poulo lugar de Pardiñas. Monte chamado dos Croios dunha hectárea, catorce áreas e trinta e unha centiárea. Linda: norte, leste e oeste, monte de Andrés Veira, muro colindante no medio, e sur, terreo divisorio de Jesús e José Veiras. Inscrito no Rexistro da Propiedade tomo 267, libro 60 de Ordes, folio 209, predio número 7.215. Prezo de valoración 1.143.000 ptas.

8. Predio rústico sito no concello de Ordes, parroquia de San Xoán de Poulo lugar de Pardiñas. Monte denominado Fonte Montouto de vintetrés áreas e setenta e dúas centiáreas. Linda: norte, leste e oeste, monte de Jesús Veiras Pérez, muro propio polo segundo lado, e sur, de Andrés Veiras. Inscrito no Rexistro da Propiedade tomo 267, libro 60 de Ordes, folio 210, predio número 7.216. Prezo de valoración 237.000 ptas.

9. Predio rústico sito no concello de Ordes, parroquia de San Xoán de Poulo, lugar de Pardiñas 1/3 parte indivisa coas dúas terceiras partes restantes a Jesús Veiras Pérez e de José Veiras Veiras do monte chamado Lamoso, medindo esta parte unha hectárea, setenta áreas e trinta e alto centiáreas. Limita en xunto: norte, monte de herdeiros de Rosa Barbeiro Veiras, muro no medio; leste, muro que a separa de monte dos veciños da parroquia de Barbeiros; sur, herdeiros de Carmen Zuazo Ortega e oeste, o chamado Gandarán das Pasteiras de Arriba de Jesús Veiras Pérez, muro no medio. Inscrito no Rexistro da Propiedade tomo 267, libro 60 de Ordes, folio 215, predio número 7.221. Prezo de valoración 1.703.800 ptas.

10. Predio rústico sito no concello de Ordes, parroquia de San Xoán de Poulo lugar de Pardiñas. Monte chamado Quealla do Castro, de dezanove áreas, dezaoito centiáreas. Linda: norte, devesa de Andrés Veiras; leste, muro que a divide do chamado monte dos lugares de Carballedo e outros; sur e oeste, monte de Jesús Veiras Pérez, regato no medio por este lado. Inscrito no Rexistro da Propiedade tomo 267, libro 60 de Ordes, folio 216, predio número 7.222. Prezo de valoración 191.000 ptas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado o vindeiro día 28 de marzo ás 12 horas, conforme as seguintes condicións:

1. 0 tipo do remate será para cada predio o sinalado na súa descrición como prezo de valoración, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poderen tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións e depósitos deste xulgado o vinte por cento do tipo do remate.

3. Poderanse facer ofertas por escrito en prego cerrado desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo do remate.

4. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos ofertantes que non resulten

rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo, da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obrigación, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

5. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, están de manifesto na secretaría do xulgado, e os licitadores deberán conformarse con eles, sen poderen esixir outros.

6. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, de habelos, ó crédito do actor, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo día 27 de abril, ás 12 horas, nas mesmas condicións que a primeira, agás o tipo do remate que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo o día 31 de maio, tamén ás doce horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Dado en Santiago de Compostela, dezasete de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado