Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.428

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (2/1995).

Por medio da presente cédula, que se expide en virtude do acordado en resolución desta data, dictada en expediente de dominio para a preservación do tracto sucesivo no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, da casa número 24 da rúa Loureiros desta cidade, rexistrada co número 2/1995, promovido por María Lourdes Botana, domiciliada no expresado inmoble, cítanse as persoas ignoradas ás que poida prexudica-la inscrición solicitada, as que se consideren con algún dereito real sobre o predio e os herdeiros, sucesores ou habentes causa do último titular rexistral, Ramón Martínez del Río, co fin de que dentro do termo dos dez días seguintes á publicación da presente cédula poidan comparecer no referido expediente e alega-lo que ó seu dereito conveña.

Dada en Santiago de Compostela o vintetrés de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado