Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.426

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (447/1994).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos que se mencionarán se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o dezaoito de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 447/1994, seguidos por furto; sendo denunciante María Isabel Sanjurjo Buján, maior de idade, e aparecendo como

parte denunciada Marcelino Ríos Ferreira, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Marcelino Ríos Ferreira da falta inicialmente imputada sen que se proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación, que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e sirva de notificación en legal forma a María Isabel Sanjurjo Buján, a cal se encontra en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vintetrés de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado