Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.426

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (201/1994).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos que se mencionarán se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o quince de xuño de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 201/1994, seguidos por furto; sendo denunciante Enrique Becares Fuentes, maior de idade, e aparecendo como parte denunciada María Mercedes Franqueiro Doce, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a María Mercedes Franqueiro Doce da falta inicialmente imputada sen que se proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación, a interpor no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e sirva de notificación en legal forma a María Mercedes Franqueiro Doce, a cal se encontra en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezasete de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado