Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.425

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (59/1994).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos que se mencionarán se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o catorce de xuño de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 59/1994, seguidos por ameazas e intento de agresión; sendo denunciante José Marcelino Rodríguez Vázquez, maior de idade, e aparecendo como parte denunciada Victoriano Ramos Torres, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Victoriano Ramos Torres da falta inicialmente imputada sen que se proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación, que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asinoo».

Para que conste e sirva de notificación en legal forma a José Marcelino Rodríguez Vázquez, o cal se encontra en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezasete de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado