Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.425

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (7/1995-C).

En virtude do acordado por Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado de Pri

meira Instancia e Instrucción número tres dos de Santiago de Compostela, en providencia do día de hoxe, dictada no xuízo de faltas número 7/1995-C que se segue sobre lesións en agresión, cítase o denunciado Álvaro Vilar García, actualmente en ignorado paradoiro, co fin de que compareza perante este xulgado, o próximo día catorce de marzo de 1995, ás 10.40 horas, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo de faltas, cos medios de proba de que se intente valer, facéndose sabe-lo disposto no artigo 8º do Decreto do 21 de novembro de 1952, poderá ser asistido de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o tres de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Camilo José García-Puertas Magariños

Secretario do xulgado