Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.424

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación de sentencia (461/1994).

Elma Ojea Muñiz, secretaria en funcións no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de San Uxía de Ribeira,

Dou fe e testemuño: que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, figura a recaída nos autos de xustiza gratuíta, número 461/1994, a instancia de José Ventura Suárez Gago, con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia: Na cidade de Santa Uxía de Ribeira, o vinteseis de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por María Luisa Miranda de Miguel, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade e o seu partido, os presentes autos seguidos co número 461/1994, nos que son parte como demandante José Ventura Suárez Gago, representado polo procurador Sr. Villar Trillo e baixo a dirección técnica da avogada Sra. Fachado Fuentes, e como demandados, o avogado do Estado e María Alcántara Román, en situación procesual de rebeldía, versando a contenda sobre a obtención dos beneficios de xustiza gratuíta.

DISPOÑO:

Que, estimando a solicitude deducida polo procurador Sr. Villar Trillo, en nome e representación

de José Ventura Suárez Gago, debo declarar e declaro o dereito a litigar gratuitamente do mesmo na demanda de divorcio seguida tamén ante este xulgado co número 460/1994, cos beneficios expresadoa no artigo 30 da Lei de axuizemento civil, sen expresa imposición de custas.

Pola rebeldía de María Alcántara Román, notifíquese a presente resolución no xeito prevido no artigo 769 da Lei de axuizamento civil.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde o seguinte á súa notificación, perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asinoo».

A sentencia preinserta foi lida e publicada pola xuíza que a subscribe na audiencia pública do mesmo día da súa data.

E para que así conste, e para que sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, María Alcántara Román, expido e asino a presente cédula en Santa Uxía de Ribeira o vinteseis de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado