Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.424

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (46/1992-01).

Eu, Salvador P. Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous dos desta cidade, fago saber que en virtude do acordado en autos de xuízo executivo seguido perante este xulgado co número 46/1992, promovido por Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Sr. Caamaño Queijo, contra Jose Fernández Alén e Dolores Olveira Diéguez e outros; sobre reclamación de certa cantidade, e dado que neles se encontran os ditos demandados en paradoiro descoñecido, por medio do presente edicto cítanse estes co fin de que no termo improrrogable de nove días comparezan en forma nestes autos, mediante procurador e avogado, e se opoñan á execución se lles conviñer, facendo constar que as copias da demanda e documentos se encontran ó seu dispor nesta secretaría, e quedan apercibidos de que, de non compareceren, serán declarados en rebeldía, seguindo o preito o seu curso, sen volvelos citar nin facerlles outras notificacións cás que determine a lei.

Faise constar que, sen previo requirimento de pagamento, se procedeu ó embargo dos seguintes bens propiedade dos executados:

Vehículo, matrícula PO-7758-AL, propiedade de José Fernández Alén.

A parte proporciona1 do soldo que percibe a demandada Sra. Oliveira Diéguez, no Instituto Social da Mariña en Vilagarcía de Arousa.

Para que así conste e sirva de citación en legal forma ós executados en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela, vintedous de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Rubricado