Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.424

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (296/1994).

En virtude do disposto polo xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, Juan Manuel Regal Menéndez en resolución dictada en xuízo voluntario de testamentaría 296/1994, promovida por Josefa Río Areas, respecto ó caudal hereditario de Jesús Río Viturro e María Ares Abuín, polo representante cítanse os herdeiros de Ramón Río Ares e Manuela Río Ares co fin de que no prazo de quince días comparezan perante este xulgado, sito na rúa Tetuán, s/n, Padrón, asistidos de avogado e procurador a usar do seu dereito no referido xuízo, apercibíndoos de que en caso de non comparecer seguirá o xuízo sen volvelos citar.

E para que sirva de citación ós interesados expido o presente edicto en Padrón o nove de xaneiro de mil novocentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado