Eu, Inmaculada Pulido Domínguez, oficial en funcións de secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia, dou fe de que nas dilixencias de xuízo de faltas 56/1994, sobre lesións en accidente de tráfico, se dictou sentencia cunha decisión que é como segue:
Que debo absolver e absolvo a Francisco Filgueira Tomé dos feitos axuizados nas presentes actuacións, con reserva expresa das accións civís a favor de María del Carmen Pol Rey, e declaro de oficio as custas procesuais ocasionadas.
Notifíquese esta sentencia ás partes con indicación de que non é firme e de que poden interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ó da súa notificación, perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.
Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.
Para que lle sirva de notificación ó denunciado Francisco Filgueira Tomé, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Noia o dezaseis de xaneiro de mil novecentos noventa e catro.
A oficial en funcións de secretaria
Rubricado