Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.423

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (46/1994-J).

Eu, Inmaculada Pulido Domínguez, oficial en funcións de secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia, dou fe de que nas dilixencias de xuízo de faltas 46/1994, sobre lesións en accidente de tráfico, se dictou sentencia cunha decisión que é como segue:

Que debo absolver e absolvo a José Manuel Rodríguez Núñez dos feitos axuizados nas presentes actuacións, con reserva expresa das accións civís a favor dos prexudicados, e declaro de oficio as custas procesuais ocasionadas.

Notifíquese esta sentencia ás partes con indicación de que non é firme e de que poden interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ó da súa notificación, perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que lle sirva de notificación ó denunciado José Manuel Rodríguez Núñez, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Noia o dezaseis de xaneiro de mil novecentos noventa e catro.

A oficial en funcións de secretaria

Rubricado