Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.423

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

CÉDULA de citación (176/1994).

En virtude do acordado en resolución dictada no día da data polo Sr. xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia nos autos de testamentaría número 176/1994, promovidos por Mª Carmen Merce Barral Álvarez e Juan Manuel Patiño Barral, contra Ramón Patiño Santos, herdeiros de José Patiño Santos e Ministerio Fiscal, cítanse os herdeiros ab-intestato de José Patiño Santos para que comparezan perante este xulgado no prazo de quince días a facer uso do seu dereito, baixo apercibimento de que de non o verificar seguirá adiante o xuízo sen máis citalos.

E para que sirva de citación en legal forma a tódolos fins dispostos, ós herdeiros ab-intestato de José Patiño Santos, libro e asino a presente cédula en Noia o trinta de decembro de mil novecentos noventa a catro.

O oficial en funcións

Rubricado