Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.413

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 31 de xaneiro de 1995 pola que se exclúen do Catálogo de Montes de Utilidade Pública varios predios do monte Coto de Pedro, nº 298.

De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes, do 22 de febreiro de 1962, e en virtude do disposto no xuízo declarativo de menor contía nº 110/1991, promovido por Josefa Tubío Vilachán en acatamento da sentencia executoria, esta consellería, logo da proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

DISPÓN:

Artigo único.-Dar de baixa no Catálogo de Montes de Utilidade Pública, por ter quedado firme a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón do 2 de abril de 1992, os predios que se relacionan a seguir, propiedade de José Tubío Vilachán, e que formaban parte do monte Coto de Pedro, nº 298, do CUP do Concello de Rois (A Coruña).

Predio nº 1, chamado Carballiña dunha extensión de 12 áreas e 72 centiáreas, limitado polos piquetes 1-a, 1-b, 1-c e 1-d cos seguintes límites:

Do piquete 1-a ó 1-d co monte Coto de Pedro.

Do piquete 1-d ó 1-a con monte particular.

Predio nº 2, chamado Carballiña dunha extensión de 25 áreas e 44 centiáreas, limitado polos piquetes 2-a, 3-b, 4-c, 5-d, 6-e e 7-f e cos seguintes límites:

Do piquete 2-a ó 4-c co monte Coto de Pedro.

Do piquete 4-c ó 5-d co río Soñora.

Do piquete 7-f ó 2-a con predios de Rogelio Vidal e outros.

Predio nº 3, chamado Regueiro dunha extensión de 25 áreas e 44 centiáreas, limitado polos piquetes 162-a, 162-b, 162-c e 162-d e cos seguintes límites:

Do piquete l62-a ó 162-b con predio de María Rosa Vilachán.

Do piquete 162-b ó 162-a co monte Coto de Pedro.

Predio nº 4, chamado Canliño de Abaixo dunha extensión de 38 áreas e 16 centiáreas, limitado polos piquetes 88-a, 88-b, 88-c e 88 e cos seguintes límites:

Do piquete 88 ó 88-a coa carballeira dos veciños de Vilachán.

Do piquete 88-a ó 88 co monte Coto de Pedro.

Predio nº 5, chamado Canliño de Arriba dunha extensión de 29 áreas e 68 centiáreas, limitado polos piquetes 87-a, 87-b, 87-c, 87-d, 87-e, 87-f e cos seguintes límites:

Do piquete 87-a ó 87-f co monte Coto de Pedro.

Do piquete 87-f ó 87-a coa estrada Noia-Padrón.

Predio nº 6, chamado Gatiñeira dunha extensión de 50 áreas e 88 centiáreas, limitado polos piquetes 219-a, 219-b, 219-c e 212 e cos seguintes límites:

Do piquete 219-a ó 219-b con predio de Jesús Lapido.

Do piquete 219-b ó 219-c co monte Coto de Pedro.

Do piquete 219-c ó 212 co monte dos veciños de Vilachán.

Do piquete 212 ó 219-a co monte Coto de Pedro.

Predio nº 7, chamado Debaixo do Agriño dunha extensión de 16 áreas e 96 centiáreas, limitado polos piquetes 65-a, 65-b, 65-c e 63 e cos seguintes límites:

Do piquete 65-a ó 63 co monte Coto de Pedro.

Do piquete 63 ó 65-a con propiedade particular de Salvador Gómez.

Predio nº 8, chamado Campo da Poza dunha extensión de 25 áreas e 44 centiáreas, limitado polos piquetes 70-a, 70-b, 70-c e 70-d e cos seguintes límites:

Do piquete 70-a ó 70-d co monte Coto de Pedro.

Do piquete 70-d ó 70-a con propiedade particulares de José Filgueira

Predio nº 9, chamado Mosqueiro dunha extensión de 8 áreas e 48 centiáreas, limitado polos piquetes 238-a, 238-b, 238-c e 238-d e cos seguintes límites:

Do piquete 238-a ó 238-b co monte Coto de Pedro.

Do piquete 238-b ó 238-c co río Soñora.

Do piquete 238-c ó 238-a co Monte Coto de Pedro.

Predio nº 10, chamado Porto dos Carros dunha extensión de 4 áreas e 24 centiáreas, limitado polos piquetes 2-a, 2-b e 5 e cos seguintes límites:

Do piquete 2-a ó 5 convértese na nova extrema do monte anulándose os piquetes 3 e 4 do deslinde.

Predio nº 11, chamado Ponte da Pedra dunha extensión de 8 áreas e 48 centiáreas, limitado polo piquetes 10-a, 10-b, 10-c e 10-d e cos límites seguintes:

Do piquete 10-a ó 10-b co monte Coto de Pedro.

Do piquete 10-b ó 10-c con camiño público.

Do piquete 10-c ó 10-d co monte Coto de Pedro.

Do piquete 10-d ó 10-a co río de Busto.

Predio nº 12, chamado Cachón da Brañiña dunha extensión de 12 áreas e 72 centiáreas, limitado polos piquetes 231-a, 231-b, 231-c e 231-d e cos seguintes límites:

Do piquete 231-a ó 231-d co monte Coto de Pedro.

Do piquete 231-d ó 231-a con camiño público.

Predio nº 13, chamado Alto da Brañiña dunha extensión de 42 áreas e 40 centiáreas, limitado polos piquetes 18-a, 18-b, 18-c e 18-d e cos seguintes límites:

Do piquete 18-a ó 18-b co monte Coto de Pedro.

Do piquete 18-b ó 18-c co camiño público.

Do piquete 18-c ó 18-a co monte Coto de Pedro.

Predio nº 14, chamado Portela do Muíño dunha extensión de 21 áreas e 21 centiáreas, limitado polos piquetes 60-a, 60-b, 60-c e 60-d e que limita a tódolos ventos co monte Coto de Pedro polo que forma un enclavado.

Predio nº 15, chamado chamado Fondo da Briña dunha extensión de 25 áreas e 44 centiáreas, limitado polos piquetes A, B, C, D e E e que limita a tódolos ventas co monte Coto de Pedro polo que forma un enclavado.

Predio nº 16, chamado Portelo de Casaiño dunha extensión de 4 áreas e 24 centiáreas, limitado polos piquetes 41-a, 41-b, 41-c e 41-d e cos seguintes límites:

Do piquete 41-a ó 41-b coa propiedade particular de Isolino Leis e outros.

Do piquete 41-b ó 41-a co monte Coto de Pedro.

Predio nº 17, chamado Peirán do Muíño de Arriba dunha extensión de 4 áreas e 24 centiáreas, limitado polos piquetes 33-35-30 e 30-A e cos seguintes límites:

Do piquete 33 ó 35 coa propiedade de Rogelio Vidal.

Do piquete 35 ó 30 co monte Coto de Pedro.

Do piquete 30 ó 30-A co río de Busto.

Do piquete 30-A ó 33 co monte Coto de Pedro.

Predio nº 18, chamado Muíño de Cardiñas dunha extensión de 12 áreas e 72 centiáreas, limitado polos piquetes 149, 149-a, 149-b e 149-c e cos seguintes límites:

Do piquete l49 ó 149-a co río Beade.

Do piquete 149-a ó 149 co monte Coto de Pedro.

Predio nº 19, chamado Campo de Fonte Mariñas dunha extensión de 8 áreas e 48 centiáreas, limitado polos piquetes 156-a, 156-b, 156-c e 156-d e que limita a tódolos ventos co monte Coto de Pedro polo que forma un enclavado.

Predio nº 20, chamado Alto de Fonte Mariñas dunha extensión de 12 áreas e 72 centiáreas, limitado polos piquetes 144-a, 144-b, 144-c, 144-d, 144-e e 144-f e que limita a tódolos ventos co monte Coto do Pedro agás do piquete 144-e ó 144-f que limita co predio seguinte.

Predio nº 21, chamado Fonte da Empinada dunha extensión de 21 áreas e 20 centiáreas, limitado polos piquetes 144-e, 144-f, 144-g e 144-h e que limita a tódolos ventos co Monte Coto de Pedro agás do piquete 144-e ó 144-f que limita co predio anterior.

Predio nº 22, chamado Esquina de tras do Outeiro dunha extensión de 8 áreas e 48 centiáreas, limitado polos piquetes 98-a, 98-b, 98-c e 98-d que limita a tódolos ventos co monte Coto de Pedro agás do piquete 98-a ó 98-b que o fai coa propiedade de Herminda Veiga.

Predio nº 23, chamado Coto da Forca dunha extensión de 12 áreas e 72 centiáreas, limitado polos piquetes 106-a, 106-b, 106-c e 106-d e que limita a tódolos ventos co monte Coto de Pedro agás do piquete 106-c ó 106-d que o fai cun camiño.

Predio nº 24, chamado Pradonovo dunha extensión de 8 áreas e 48 centiáreas limitado polos piquetes 158-a, 158-b e 158-c pasando a se-lo límite do monte en substitución dos piquetes 158 e 159.

Predio nº 25, chamado Agro Novo danha extensión de 21 áreas e 20 centiáreas, limitado polos piquetes 160, 160-a, 160-b, 160-c e 160-d e que limita a tódolos ventos co monte Coto de Pedro agás do piquete 160 ó 160-d que o fai coa propiedade particular de María Rosa Vilachán.

Predio nº 26, chamado Estirada Vella dunha extensión de 21 áreas e 20 centiáreas, limitado polos piquetes 140-a, 140-b, 140-c e 140-d e que limita a tódolos ventos co monte Coto de Pedro agás do 140-a ó 140-b que o fai co monte Arriba y Abajo.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes