Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.414

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 31 de xaneiro de 1995 pola que se exclúen do Catálogo de Montes de Utilidade Pública varios predios do monte Coto de Pedro, nº 298.

De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes, do 22 de febreiro de 1962, e en virtude do disposto no xuízo declarativo de menor contía nº 128/1990, promovido por José Nieto Sedofeito, en acatamento da sentencia executoria, esta consellería, logo da proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

DISPÓN:

Artigo único.-Dar de baixa no Catálogo de Montes de Utilidade Pública, por ter quedado firme a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón en sentencia do 19 de xuño de 1992, os predios que se relacionan seguidamente, propiedade de José Nieto Sedofeito e que formaban parte do monte Coto de Pedro, nº 298, do CUP do concello de Rois (A Coruña).

Predio nº 27, chamado Coto das Cabras, dunha extensión de 65 áreas, limitado polos piquetes 202-a 202-b, 202-c, 202-d, 202-e, 202-f e cos seguintes límites:

Do piquete 202-a ó 202-b limita co predio de José Gomez Figureiras.

Do piquete 202-b ó 202-a limita co monte Coto de Pedro.

Predio nº 28, chamado Cova das Minas dunha extensión de 37 áreas e 80 centiáreas, limitado polos

piquetes 201-a, 201-b, 201-c, 201-d, 201-e, 201-f, 201-g e 201-h e que limita a tódolos ventos co monte Coto de Pedro, polo que forma un enclavado.

Predio nº 29, chamado Estivada Vella, dunha extensión de 15 áreas e 40 centiáreas, limitado polos piquetes 141-a, 141-b, 141-c e 141-d e que limita a tódolos ventos co monte Coto de Pedro, polo que forma un enclavado.

Predio nº 30, chamado Fontemariñas dunha extensión de 8 áreas e 27 centiáreas, limitado polos piquetes 145, 145-a, 145-b, 145-c e 145-d e cos seguintes límites:

Do piquete 145-a ó 145-d limita co monte Coto de Pedro.

Do piquete 145-d ó 145-a limita co monte Arriba e Abaixo.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes