Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Hidroeléctrica de Silleda, con domicilio en Silleda, no que solicita autorización para instalar unha L.M.T., un C.T. e R.B.T. en Margariz II, concello de Silleda, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo noveno do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a Hidroeléctrica de Silleda a instalación de unha L.M.T., un C.T. e R.B.T. en Margariz II, concello de Silleda.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Pontevedra, 16 de xaneiro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra