Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.399

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución das instalacións eléctricas que se citan. (Expedientes números 90/1994, 91/1994 e 92/1994).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/

Severo Ochoa nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións que seguen:

Expediente 90/1994.-Liña subterránea, a 20 kV, de 42 metros de lonxitude, en conductor RHV de Al 150 mm, que parte da L.M.T. do C.T. Verxel ó C.T. Baixamar e remate no C.T. a construír en urbanización Hermanos Labarta, C.T. interior de 630 kVA a 20.000±2,5-5%/398-230 voltios. Concello de Noia.

Expediente 91/1994.-C.T. en rúa Torreiro nº 15, de 400 kVA a 15±+2,5-5%/0,4 kV, tipo interior con entrada e saída de liña subterránea que ven do C.T. rúa Cega. Concello da Coruña.

Expediente 92/1994.-L.M.T. subterránea a 20 kV, de 862 metros de lonxitude, en conductor RHV de Al de 3/lx150 mm), que parte do C.T. Paxonal e remata no C.T. Castiñeiriño, C.T. Castiñeiriño de nova construcción de 400 kVA e relación 20±+2,5-5%/0,4 kV e acoplamento das RR.BB.TT. dos CC.TT. Paxonal, Castiñeiriño e Lamas de Abade, nunha lonxitude de 1.369 metros. Concello de Santiago de Compostela.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 16 de xaneiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña