Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.400

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución das instalacións eléctricas que se citan. Expediente número 87/1994 (24.511 e 27.537).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Severo Ochoa nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-Reforma da L.M.T. aérea a 15 kV denominada A Grela-Meicende-Mafriesa, expediente 24.511 ó seu paso polo cruzamento estrada da Coruña-Baños de Arteixo punto quilométrico 3,35, nunha lonxitude de 310 m en conductor LA-180. Concello da Coruña.

-Reforma da L.M.T. aérea a 15 kV Meicende-Moucho-Villarrodís, expediente 27.537, entre os apoios 0 e 8, 9 e 14, 19 e 21, nunha lonxitude de 1.384 m, conductor Al tipo LA-180. Concello de Arteixo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 17 de xaneiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña