Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 1995 Páx. 1.388

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (393/1994).

Por medio da presente cédula, que se expide en méritos do acordado en resolución desta data, dictada nos autos de xuízo executivo número 393/1994, seguidos por instancia de Financeira Seat, S.A., representada polo procurador Sr. García Piccoli- Atanes, contra María Luisa Costoya Castro, sobre reclamación de cantidade por non pagamento de letras de cambio, notifícase a Luis Adolfo Fernández-Montenegro Iglesias, esposo da dita demandada, e do que se descoñece o domicilio, a existencia do dito procedemento, así como que se procedeu á traba dos bens da demandada sen o previo requirimento de pagamento a esta, por descoñecerse o seu domicilio.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para os fins expresados, expídese a presente cédula en Santiago de Compostela o dezaoito de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado