Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 1995 Páx. 1.387

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación e emprazamento (263/1994).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en resolución do día de hoxe, dictada en autos de medidas provisionais e de separación conxugal número 263/1994 demanda formulada por Tránsito Salazar Jiménez, defendida pola letrada María Teresa Martínez Vidal, e representada polo procurador Darío García Brea, contra Rafael Ferreruela Fernández, por medio da presente cédula cítase o demandado Rafael Ferreruela Fernández para que compareza neste xulgado o próximo día 29 de marzo ás 9.30 horas acompañado de avogado e procurador para a celebración das medidas provisionais, así mesmo por medio da presente cédula emprázase o referido demandado co fin de que no prazo de vinte días compareza en forma en autos, baixo apercibimento de que de non o facer será declarado rebelde continuando os autos o seu curso.

E para que así conste e lle sirva de citación e de emprazamento ó demandado Rafael Ferreruela Fernández, en paradoiro descoñecido, mediante a súa publicación no DOG expido a presente cédula en Santiago de Compostela, trece de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco, dou fe.

O secretario

Rubricado