Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 1995 Páx. 1.388

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (388/1994).

Mª Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, certifica que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís, consta a recaída nos autos de xustiza gratuíta número 388/1994, co encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

Sentencia.-En Santiago de Compostela, o vinte de decembro de mil novecentos noventa e catro, vistos por Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, os presentes autos seguidos perante este xulgado sobre recoñecemento xudicial de xustiza gratuíta, interposta a demanda pola procuradora Ana Isabel Pazo Labrador en quenda de oficio, en nome e representación de Antonio González Carbia, contra Concepción García Turnes, maior de idade e con domicilio actual descoñecido, sobre demanda de xustiza gratuíta co obxecto de presentar demanda de divorcio.

Que estimando a demanda promovida pola procuradora Ana Isabel Pazo Labrador, en nome e representación de Antonio González Turnes, debo recoñecer e recoñézolle o dereito de xustiza gratuíta para litigar contra Concepción García Turnes no procedemento de divorcio, e sen facer pronunciamento sobre as custas causadas no procedemento. Noti

fíqueselle a presente resolución ás partes, facéndolle saber que contra esta poden interpoñer, perante este xulgado, recurso de apelación, no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación, para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo.»

En Santiago de Compostela o dezaseis de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado