Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 1995 Páx. 1.378

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1995 pola que se anuncia a celebración dunhas xornadas de estudio sobre urbanismo.

A Escola Galega de Administración Pública, como centro oficial de docencia e investigación no campo da Administración pública, ten entre os seus fins a investigación, a documentación, o estudio e a realización de traballos de divulgación en materias de dereito público galego e ciencia da administración, promovendo a súa máxima difusión.

Así pois, en uso das funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, e a Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse unhas xornadas de estudio sobre urbanismo, organizadas en colaboración co Colexio de Avogados de Pontevedra, que deberán desenvolverse segundo as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Análise e reflexión sobre os aspectos fundamentais do ordenamento urbanístico.

2. Destinatarios.

Técnicos e políticos con responsabilidade en materia urbanística, así coma avogados, profesionais libres e estudiantes interesados na materia.

3. Desenvolvemento.

-Datas de celebración: 8, 9 e 10 de marzo.

-Horario: de 19 a 21 horas.

-Lugar: Pontevedra. Delegación da Consellería da Presidencia e Administración Pública. R/ Benito Corbal, 46-47.

4. Dereitos de inscrición.

Fíxanse en 10.000 ptas. Terá dereito a unha reducción do 40% o persoal ó servicio de calquera administración pública.

O aboamento efectuarase mediante cheque nominativo ou transferencia á conta corrente da EGAP de Caixa Galicia, oficina de organismos de Santiago de Compostela, conta restrinxida número 2091-0388311000520. O xustificante do pagamento deberase xuntar á solicitude.

Os dereitos de inscrición, unha vez ingresados, unicamente se lles reintegrarán ós interesados se estes, cunha antelación mínima de cinco días con respecto á data de inicio da actividade, manifestan por escrito a súa renuncia a participar nela.

5. Forma e prazo.

O prazo remata o día 3 de marzo.

As solicitudes deberán dirixirse, segundo o modelo anexo, ó director da EGAP e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, r/ Madrid,2-4, Polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, por correo ou fax (número 57 14 50), xuntando en todo caso resgardo do ingreso e certificación expedida polo órgano competente na que conste a condición de estar prestando servicios na administración, no caso de ter dereito á bonificación.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando por teléfono, en días laborables, ó seguinte número: (981) 57 08 00, ext. 244-249, entre as 9 e as 14 horas.

6. Certificado de asistencia.

Os participantes que asistan con regularidade ás xornadas poderán solicita-lo certificado de asistencia o día 10, despois da clausura das xornadas.

7. Contido.

-1ª sesión. Día 8: Planeamento urbanístico.

-2ª sesión. Día 9: Disciplina urbanística.

-3ª sesión. Día 10: A Lei do solo en Galicia. Ética e urbanismo.

Cada sesión constará dunha conferencia seguida dun coloquio.

8. Profesorado.

Estará integrado por catedráticos e profesores universitarios de recoñecido prestixio expertos en materias urbanísticas.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública