Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 1995 Páx. 1.380

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de febreiro de 1995 pola que se fai pública a lista dos opositores seleccionados no proceso selectivo convocado pola Orde do 7 de xuño de 1994 (DOG do 10 de xuño), para ingreso no corpo de mestres en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no punto 40 da orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 7 de xuño (DOG do 10), os órganos de selección remitiron á Dirección Xeral de Persoal a relación de aspirantes seleccionados, por orde de puntuación e á vista da dita relación,

Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública, no anexo que se xunta, por especialidades e número de orde nesa especialidade, a relación dos aspirantes seleccionados no proceso selectivo para o ingreso no corpo de mestres.

Segundo.-O destino que obteñan os opositores que se relacionan no anexo desta orde terá carácter provisional, e estarán obrigados a participar, no seu momento, nos seguintes concursos de traslados que se convoquen ata obteren destino definitivo dentro do ámbito de xestión directa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Terceiro.-Os que por estar cumprindo o servicio militar, por xestación ou por outra causa, que a xuízo da Dirección Xeral de Persoal, necesiten aprazamento da súa incorporación á fase de prácticas, unha vez que sexan chamados, deberán solicitalo por escrito perante a Dirección Xeral de Persoal xuntando os documentos xustificativos.

Cuarto.-Entenderase que renuncian ó procedemento selectivo os opositores seleccionados que non se incorporen ó destino obtido no prazo de 5 días, unha vez coñecido.

Quinto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria