Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 1995 Páx. 1.370

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 2 de xaneiro de 1995 pola que se convocan subvencións a empresas editoriais para apoia-la edición do libro en galego, a traducción para o galego, e a edición noutras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego.

O libro editado en galego estase a normalizar nestes últimos anos. O traballo realizado por parte dos profesionais do libro foi intenso e fructífero, e por iso as nosas edicións acadaron. niveis comparables ás do resto do estado, non só en presentación, deseño e tiradas, senón tamén no que respecta ós contidos. A completa normalización da nosa lingua precisa aínda do esforzo conxunto das empresas do sector e da axuda da Consellería de Cultura en razón da súa responsabilidade no desenvolvemento da cultura escrita. Ademais disto, entre as publicacións destes últimos anos obsérvanse carencias ás que a iniciativa privada por si soa é incapaz de atender. Estas carencias refírense sobre todo a obras de carácter non literario, a obras ilustradas en cor e a grandes proxectos editoriais. O aínda reducido mercado, a competencia noutras linguas e os elevados prezos de producción fan moi difícil a publicación en galego de libros das características mencionadas.

A Consellería de Cultura, consciente da capacidade da nosa lingua para ser portadora de calquera mensaxe, considera importante para os galegos, ter acceso ás obras de creación escritas noutras linguas, e ó mesmo tempo, tendo en conta a calidade que a literatura galega acadou nos últimos anos, é tamén importante para nós que as obras escritas en galego poidan ser lidas, por outros pobos con lingua de seu, para, deste xeito, dar a coñece-la nosa literatura e a nosa cultura fóra de Galicia.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1.-Convócanse subvencións a empresas do sector editorial para apoia-la edición en galego, a traducción para o galego, e a traducción e edición noutras linguas de obras escritas orixinariamente en galego.

As subvencións concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 10.02.353.A.770, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995, e terán carácter plurianual naqueles casos nos que así se faga constar nas bases específicas que acompañan esta orde.

Artigo 2.

2.1.-Poderán optar a estas subvencións as empresas editoriais que cumpran os requisitos esixidos,enesta orde.

2.2.-Non poderán solicitar aqueles editores que anteriormente recibisen algunha outra subvención da Consellería de Cultura e non xustificasen o seu investimento.

Artigo 3.-Os editores que desexen acollerse ós beneficios desta orde elevarán petición, por medio de instancia dirixida ó conselleiro de Cultura, segun

do modelo que figura como anexo desta orde, e presentarana no rexistro xeral da Consellería de Cultura ou nas delegacións provinciais dela, sen prexuízo do establecido no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A solicitude irá acompañada da seguinte documentación:

-Documento que acredite a representación que ostenta o solicitante.

-Fotocopia da tarxeta de identificación fiscal da editorial, no caso de se solicitar por primeira vez axudas á Consellería de Cultura.

-Fotocopia do recibo do imposto de actividades económicas.

Esta documentación de carácter xeral presentarase unha soa vez, e ela engadirase a documentación recollida nas bases específicas para a concesión das subvencións.

Artigo 4.-Recibidas as solicitudes de subvención e a súa documentación, serán analizadas polos servicios competentes da Dirección Xeral de Cultura, e o director xeral de Cultura elevaralle a correspondente proposta ó conselleiro de Cultura, quen resolverá dentro das dispoñibilidades orzamentarias.

Artigo 5.-Na valoración das solicitudes teranse en conta os seguintes aspectos:

-Nivel de cumprimento de anteriores compromisos de edición.

-Calidade literaria e de investigación.

-Incidencia da obra en diversos ámbitos.

-Materia sobre a que versa de acordo co campo estratéxico no que incide.

-Continuidade dentro dunha colección.

-Importancia do fondo editorial do editor solicitante e do plan editorial.

Artigo 6.

6.1.-Os beneficiarios das subvencións, unha vez aceptadas estas, quedarán obrigados a destina-los fondos percibidos para o obxecto concreto para o que foron concedidos. A Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución dos proxectos subvencionados.

6.2.-A Consellería de Cultura comunicará a resolución do conselleiro ós solicitantes, que quedarán obrigados a xustifica-las subvencións concedidas.

6.3.-Os beneficiarios farán constar en cada obra que esta recibiu unha subvención da Consellería de Cultura, Dirección Xeral de Cultura, utilizando a normativa de imaxe corporativa da Xunta de Galicia.

6.4.-Recibidos os exemplares e a documentación á que se fai referencia nas bases específicas para a concesión das subvencións, a Dirección Xeral de Cultura, de atopalos conformes, proporá o libramento dos fondos, de acordo co calendario sinalado nas ditas bases.

6.5.-O libramento do importe da subvención rea

lizarase de acordo coa normativa orzamentaria aplicable, esixíndose certificacións expresas de non ter contraída ningunha débeda, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia, e de estar ó corrente nas obrigas fiscais e coa Seguridade Social.

Artigo 7.-No caso de que o beneficiario da subvención incumprise algunha das condicións ou obrigas estipuladas, a Consellería de Cultura instruirá expediente sancionador, conforme o previsto na vixente Lei de procedemento administrativo e, se procede, anulará os beneficios concedidos e solicitará a devolución das cantidades percibidas, se as houber, segundo o procedemento que establece o Regulamento xeral de recadación.

Artigo 8.-De non se notificar resolución favorable no prazo de tres meses a partir da presentación da solicitude, darase por desestimada a petición, podendo o solicitante a partir desta data retira-la documentación presentada, durante os 30 días seguintes a ela. Transcorrido este prazo, arquivarase sen máis trámite.

BASES ESPECÍFICAS PARA A CONCESIÓN

DAS SUBVENCIÓNS

A) Subvencións a obras xa editadas en lingua galega.

A.-1) As obras deberán estar publicadas en galego segundo a lexislación vixente (Lei 3/1983, do 15 de xuño, disposición adicional, e decreto 173/1982, do 17 de novembro).

A-2) A contía de cada subvención non poderá supera-la cantidade de 450.000 (catrocentas cincuenta mil) pesetas por libro, consistindo no equivalente ó 75% do prezo de venda ó público (sen IVE) dun máximo do 10% dos exemplares editados, ata un límite de 300. Os libros de lectura infantís e xuvenís, 20% dos exemplares editados, ata un límite de 500.

A-3) As solicitudes deberán presentarse antes do 10 de setembro de 1995.

A-4) Ademais da documentación solicitada no artigo 3 da presente orde, deberá presentar:

-Constancia documental da existencia dun contrato debidamente asinado co autor que respectará o establecido na Lei de propiedade intelectual,

-Un exemplar da obra para a que se solicita subvención.

-Un certificado de tirada.

A-5) Para que un libro poida optar a estas subvencióna terá que cumpri-las seguintes condicións:

-Ter como mínimo 50 (cincuenta) páxinas, agás os libros infantís.

-Posuí-lo número de ISBN e depósito legal definitivo, debendo estar feito o depósito de exemplares previsto no Decreto 36/1991. O número de depósito legal será posterior ó 10 de outubro de 1994.

A-6) Non poderán acollerse ás subvencións desta orde:

-As publicacións destinadas a uso escolar, quer como libro de texto, quer como material complementario.

-As que non sexan primeiras edicións estrictas, incluídas as versións críticas ou comentadas de obras xa editadas con anterioridade.

-As obras subvencionadas en máis dun 30% con fondos públicos.

-As publicacións de difusión gratuíta.

-As que carezan de contrato de dereitos de autor.

-As que teñan un prezo de venda ó público (incluído IVE) superior a 3.750 ptas.

A-7) Para xustifica-las subvencións concedidas deberán entregarse, nun prazo de quince días contados a partir da comunicación da resolución, os exemplares equivalentes á subvención concedida.

B) Subvencións para editar obras de carácter non literario, obras orixinais galegas ilustradas en color e grandes proxectos editoriais.

B-1) Estas subvencións poderán ter carácter plurianual, segundo o disposto no art. 58 da Lei 11/1992, do sete de outubro, de réxime financeiro e orzamentario da Xunta de Galicia, podendo a consellería comprometer outras fases do proxecto editorial, de acordo coas súas dispoñibilidades orzamentarias.

A contía a pagar para cada anualidade librarase logo de xustificación, antes do 1 de novembro de cada exercicio, do investimento realizado nela. No último ano presentarase tamén certificación da tirada realizada e a copia do contrato definitivo co autor ou autores, debidamente asinado por ámbalas dúas partes, así como o correspondente número de exemplares da obra subvencionada.

B-2) As obras a subvencionar publicaranse en galego segundo a lexislación vixente (Lei 3/1983, do 15 de xuño, disposición adicional, e decreto 173/1982, do 17 de novembro).

B-3) O importe de cada subvención establecerase, de acordo coa dispoñibilidade orzamentaria, nunha cantidade equivalente ó 75% do prezo de venda ó público para un número de exemplares que oscilará entre o 5% e o 50% da tirada prevista. A contía fixada na resolución poderá ser revisada á baixa polo órgano responsable da concesión da axuda, se o prezo de venda ó público e a tirada definitiva certificada non concordasen cos inicialmente declarados na solicitude.

B-4) As solicitudes deberán presentarse no prazo de 30 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

B-5) Ademais da documentación solicitada no artigo 3 da presente orde, presentarase:

-Calendario de investimentos e plano de traballo a desenvolver para cada proxecto editorial.

-Modelo de contrato que a editorial asinaría co autor ou autores da obra e que respectará o establecido na Lei de propiedade intelectual.

-Un exemplar completo da obra para a que se solicita subvención.

-Previsión de tirada e prezo de venda ó público.

C) Subvencións para a traducción de obras escritas e publicadas orixinariamente en lingua distinta do galego.

C-1) Estas subvencións poderán ter carácter plurianual, segundo o disposto no art. 58 da Lei 11/1992, do sete de outubro, de réxime financeiro e orzamentario da Xunta de Galicia, podendo a consellería comprometer outras fases do proxecto editorial, de acordo coas súas dispoñibilidades orzamentarias.

A contía a pagar para cada anualidade librarase logo de xustificación do investimento realizado nela, antes do 1 de novembro de cada exercicio. No último ano presentarase tamén o xustificante do pagamento realizado ó traductor, se este non fora presentada xa no primeiro ano, así como 5 exemplares da traducción editada.

C-2 As obras publicaranse en galego segundo a lexislación vixente (Lei 3/1983, do 15 de xuño, disposición adicional, e decreto 173/1982, do 17 de novembro).

C-3) A subvención consistirá no pagamento da traducción segundo as tarifas da Asociación de Traductores Galegos. En todo caso non será superior a 1.000.000 (un millón) de pesetas por título e/ou volume.

C-4) As solicitudes deberán presentarse no prazo de 30 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

C-5) Ademais da documentación solicitada no artigo 3 da presente orde deberá presentarse:

-Calendario de investimentos e plano de traballo a desenvolver para cada proxecto editorial.

-Modelo de contrato que a editorial asinaría co traductor da obra e que respectará o establecido na Lei de propiedade intelectual.

-Un exemplar completo da obra para a que se solicita subvención.

-Xustificante, se houbese lugar, de te-los dereitos precisos para a publicación da obra.

D) Subvencións para editar noutras linguas obras publicadas orixinariamente en galego.

D-1) Estas subvenci6ns poderán ter carácter plurianual, segundo o disposto no art. 58 da Lei 11/1992, do sete de outubro, de réxime financeiro e orzamentario da Xunta de Galicia, podendo a consellería comprometer outras fases do proxecto editorial, de acordo coas súas dispoñibilidades orzamentarias.

A contía a pagar para cada anualidade librarase logo de xustificación do investimento realizado nela, antes do 1 de novembro de cada exercicio. No último ano presentarase tamén o xustificante do pagamento realizado ó traductor, se este non fora presentado xa no primeiro ano, así como 15 exemplares da traducción editada.

D-2) A contía de cada subvención será de 3.000 a 4.000 (tres mil a catro mil) ptas. por páxina para as obras que se vaian editar en linguas da Península Ibérica, e de 4.000 a 5.000 (catro mil a cinco mil) pesetas por páxina para as obras que se editen nas outras linguas do mundo, ata un máximo, en tódolos casos, de 950.000 (novecentas cincuenta mil) pesetas por obra. Tómase como páxina tipo a de 1.800 caracteres e para a realización do cómputo utilizarase o libro editado en galego.

D-3) As solicitudes deberán presentarse no prazo de 30 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste orde no Diario Oficial de Galicia.

D-4) Ademais da documentación solicitada no artigo 3 da presente orde, deberá presentar:

-Calendario de investimentos e plans de traballo a desenvolver para cada proxecto editorial.

-Modelo dos contratos que a editorial asinaría co autor, autores ou traductor da obra e que respectará o establecido na Lei de propiedade intelectual.

-Un exemplar da obra para a que se solicita subvención.

-Acordo da editorial detentadora dos dereitos en lingua galega para a cesión destes dereitos.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Cultura para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 1995.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura