Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 1995 Páx. 1.357

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Aglomerados Ecar, S.A., en Mondoñedo (Lugo), e se lle concede á dita empresa a condición de autoxerador eléctrico. (Expediente 4.195 A.T.)

Aglomerados Ecar, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na Avda. Eladio Lorenzo, 37-43, de Mondoñedo (Lugo), solicitou autorización administrativa para a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica e concesión da condición de autoxerador eléctrico, para acollerse ós beneficios previstos no Real decreto 872/1982, do 5 de marzo, sobre tramitación de expedientes de solicitude de beneficios creados pola Lei 82/1980, do 30 de decembro, sobre conservación de enerxía, xuntando o preceptivo anteproxecto da instalación e o estudio dos rendementos enerxéticos acadables e do aforro de enerxía que se conseguirá coa posta en servicio das instalacións proxectadas, de acordo co esixido no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e no Real decreto 908/1982, do 2 de abril e orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 7 de xullo do mesmo ano, sobre fomento da autoxeración de enerxía eléctrica e normas para a obtención da condición

de autoxerador eléctrico, respectivamente.

A devandita planta de coxeración situarase nos terreos da factoría, dedicada á fabricación de taboleiro aglomerado, propiedade da empresa solicitante, situada no concello de Mondoñedo (Lugo).

Resultando que, de conformidade co establecido no citado Decreto 2.617/1966, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo dictou Resolución do 6 de outubro de 1994 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación da referida planta de coxeración, que foi publicada no DOG do 19-10-1994 e no BOP de Lugo do 23-11-1994, non presentándose no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Resultando que a planta de coxeración da que se solicita autorización administrativa ten as seguintes características técnicas básicas:

-Un motor de combustión interna de fuel-oil, de 3.000 kW de potencia.

-Un xerador eléctrico de 3.750 kVA de potencia nominal.

-Equipamento eléctrico de protección, mando, sinalización e medida.

Resultando que a autorización administrativa da devandita planta de coxeración e mailo outorgamento da condición de autoxerador eléctrico, á entidade mercantil solicitante, están informados favorablemente polo facultativo habilitado para o efecto e polo delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo.

Considerando que a Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2.563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 140/1991, do 2 de maio, en relación co Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 7 de xullo de 1982, sobre obtención da condición de autoxerador eléctrico.

Considerando que a documentación aportada reúne os requisitos sinalados polo Real decreto 907/1982, do 2 de abril, sobre fomento da autoxeración de enerxía eléctrica, e pola mencionada orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 7 de xullo de 1982, en canto á obtención da condición de autoxerador eléctrico,

A dirección xeral de Industria

RESOLVE:

1) Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á empresa Aglomerados Ecar, S.A., que se situará nas instalacións da factoría que a dita empresa ten en Mondoñedo (Lugo).

2) Outorga-la concesión da condición de autoxerador eléctrico, a cal se condiciona á subscrición de convenio a que fai referencia o apartado terceiro do punto 2.3 da sinalada orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 7 de xullo de 1982.

O promotor deberá presentar perante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, no prazo de un ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, o cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión, de acordo co sinalado na orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 5 de setembro de 1985. Excepcionalmente poderá concederse unha prórroga a este prazo por causa debidamente xustificada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo de un mes contado a partir do día da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria