Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 1995 Páx. 1.357

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 118/1994 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Electra Alto Miño, S.A., con domicilio en Vigo, no que solicita autorización para instalar unha R.B.T. en Aldea, Coto, Fraga do Rei, Pazos Baixos e Muíños-Alxán, concello de Salvaterra do Miño, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude,

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Electra Alto Miño, S.A. a instalación de unha R.B.T. en Aldea, Coto, Fraga do Rei, Pazos Baixos e Muíños-Alxán, concello de Salvaterra do Miño.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 5 de decembro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra