Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 1995 Páx. 1.357

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 116/1994 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Electra Alto Miño, S.A., con domicilio en Vigo, no que solicita autorización para instalar unha R.B.T. en Amil, Porto de Abaixo e Lambas-Porto, concello de Salvaterra do Miño, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude,

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Electra Alto Miño, S.A. a instalación de unha R.B.T. en Amil, Porto de Abaixo e Lambas-Porto, concello de Salvaterra do Miño.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 5 de decembro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra