Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 1995 Páx. 1.351

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública do proxecto de instalación dun parque eólico nos concellos de Abadín e Vilalba. (Expediente 4.257 A.T.)

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración, en concreto, de utilidade pública do proxecto de instalación dun parque eólico coas seguintes características:

Peticionario: Energía Eólica de Galicia, S.A. R/ Raimundo Fernández Villaverde, 65. 28003 Madrid.

Situación: Abadín e Vilalba.

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V1 (4.808.700,0.615.000);

V2 (4.807.700,0.621.200);

V3 (4.803.000,0.621.200);

V4 (4.803.000,0.615.000).

Características principais:

Número de aeroxeradores: 195.

Potencia unitaria (kW): 362 kW.

Potencia total instalada (Mw): 70,59 Mw.

Altura dúas torres (m): 24-36,6 metros.

Diámetro das pas (m): 33 metros.

Producción anual estimada (Mw/h): 214.240 Mw/h.

Investimento: 9.388.328.026 pesetas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formularse contra el as reclamacións que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 25 de xaneiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo