Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 1995 Páx. 1.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 20 de xaneiro de 1995, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres e devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (XC-01863-O-94 e tres máis).

Por medio desta cédula notifícaselles, ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido sinalados no anexo, que se formularon contra eles as denuncias que se expresan. Por este motivo, iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan. O que se lles notifica, facéndolles sabe-lo dereito que os asiste de alegar por escrito perante este Servicio Provincial de Transportes o que consideren conveniente, aportando ou propoñendo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula. Así mesmo, notifícaselles que a autoridade competente para impoñe-la sanción é o subdirector xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG 24-3-93), polo que se regulan os órganos competentes para a imposición de sancións por infraccións

cometidas en materia de transportes mecánicos por estrada.

Para que conste, lles sirva de notificación ós denunciados de enderezo descoñecido, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE 27-11-92) de réxime xurí

dico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 20 de xaneiro de 1995.

Gonzalo López González

Instructor xefe do Servicio Provincial de Transportes

da Coruña