Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 1995 Páx. 1.349

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1995, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación mediante concurso público aberto -tramitación urxente- da obra de construcción dunha pista de atletismo no concello de Narón (A Coruña), no marco do II convenio de cooperación entre a Xunta e Galicia e a Deputación Provincial da Coruña.

A Secretaría Xeral para o Deporte, cumpridos os trámites administrativos pertinentes, resolveu anun

cia-lo concurso público aberto -mediante tramitación de urxencia- da obra que a continuación se identifica:

Provincia da Coruña:

1.-Obra obxecto do concurso: construcción pista de atletismo no concello de Narán (A Coruña).

a) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d; grupo G, subgrupo 4, categoría d; grupo A, subgrupo 2, categoría b.

b) Orzamento da execución por contrata: cento catorce millóns cento corenta e tres mil cento trinta e sete pesetas (114.143.137 ptas.).

c) Prazo de execución: seis (6) meses.

-Exposición dos pregos de cláusulas e proxectos técnicos: os pregos de cláusulas administrativas e mailos proxectos técnicos poderán examinarse no Servicio de Infraestructura Deportiva da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos, San Lázaro, Santiago de Compostela), durante o prazo de presentación, desde as 10 ata as 14 horas.

-Prazo de presentación de proposicións: o prazo de presentación de proposicións rematará ás 13 horas do décimo quinto día hábil a partir do seguinte ó da súa publicación no DOG.

-Lugar: a presentación de proposicións será efectuada no rexistro xeral da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos, San Lázaro, Santiago de Compostela), ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia, (edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), en sobre pechado, ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

As proposicións axustaranse ó modelo establecido que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares, anexo I.

Cando as proposicións se envíen por correo o remitente deberá xustifica-la data na que efectúa o envío na oficina de correos e comunicar ó órgano de contrata. ción a súa remisión mediante telefax ou telegrama, dentro da data e horas establecidas como prazo de presentación. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos non será admitida a proposición se ó recibida polo órgano de contratación con posterioridade ó prazo sinalado neste anuncio.

-Apertura de proposicións: será efectuada pola Mesa de Contratación desde as 9.30 horas do segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte no estadio multiusos de San Lázaro, Santiago de Compostela.

-Fianzas provisionais: os contratistas que acrediten a clasificación requirida para concorreren á licitación en cada unha das obras citadas, quedan dispensados da obriga de prestar fianza provisional ó abeiro do disposto no artigo 341 do Regulamento xeral de contratación do Estado e Real decreto 1.883/1979, do 1 de xuño.

-Documentación que deberán presenta-los licita

dores: a esixida nos pregos de cláusulas administrativas particulares, conforme as indicacións seguintes:

-A documentación que sexa achegada polos licitadores débeo ser en documentos orixinais ou ben con compulsa administrativa efectuada diante da Secretaría Xeral para o Deporte ou autenticada por notario.

Os poderes de representación deberán ser verificados polos letrados da Asesoría Xurídica da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Serán de cargo do/s adxudicatario/s o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e o da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 1995.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte