1.-Obxecto: esta poxa: ten por obxecto a contratación das obras de urbanización do cemiterio municipal.
Forma de contratación: poxa con trámite de admisión previa.
2.-Tipo de licitación: 33.539.857 pesetas, á baixa.
3.-Prazo de execución: a obra deberase executar no prazo de tres meses, contados a partir da notificación da adxudicación definitiva.
4.-Expediente: áchase na secretaría da corporación, onde se poderá examinar durante o prazo de presentación das proposicións.
5.-Garantías: a provisional ascende a 670.797 pesetas, a e definitiva 64 por 100 do remate.
6.-Presentación de propostas: realizarase no Rexistro Xeral do Concello en sobre pechado que deberá lacrarse e precintarse, dentro do prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
7.-Apertura de propostas: terá lugar ás 13 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo sinalado para a presentación de proposicións; o acto será público.
8.-Proposicións e documentación complementaria:
1. Presentaranse en dous sobres pechados, A e B, que poden lacrarse e precintarse, dentro do prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado. As propostas redactaranse segundo o modelo que se xunta. Os sobres terán que presentar no anverso a seguinte inscrición:
Proposición para tomar parte na poxa das obras de urbanización de cemiterio municipal presentada por... con domicilio en... sito en...
... de... de 19...
(O/a licitador/a)
2. No primeiro sobre A conterase coa mesma inscrición referida ó apartado anterior e un subtítulo.
Este sobre A subtitularase «Oferta económica e documentación acreditativa da personalidade e características do contratista». Conterá a dita oferta económica, segundo o modelo que se indica, engadindo a documentación que nela se especifica:
D/Dna. ..., veciño/a de... con domicilio en... (rúa/lugar, etc.).... piso... co DNI núm. ... expedido en... o... de... de 19... en plena posesión da súa capacidade xurídica e de actuar, toma parte en nome propio (ou en representación de ... ) na poxa das obras de «Urbanización de cemiterio municipal», Pontedeume, segunda fase. Con este fin fai constar que:
a) Ofrece o prezo de... pesetas, o que significa unha baixa de... pesetas, con relación ó tipo de licitación.
b) Declara baixo a súa responsabilidade que non está incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación básica do Estado en materia de contratación administrativa.
e) Remite por separado e fóra dos sobres o documento acreditativo da constitución da garantía provisional para participar na poxa.
d) Coñece e acepta tódalas obrigas derivadas dos pregos de condicións da poxa, que tamén declara coñecer.
e) Posúe o documento de cualificación empresarial núm. ... expedido o... de.. de 19... do.. que xunta unha fotocopia autorizada. Así mesmo, achega a documentación que acredita que está ó día no pagamento da licencia fiscal e das cotas da Seguridade Social.
f) Posúe o documento de clasificación do contratista núm. ... do que xunta unha fotocopia á documentación presentada.
g) Declara que cumprirá exactamente as disposicións oficiais que regulan a contratación laboral, a seguridade social e maila protección á industria nacional e que está ó día no pagamento das súas obrigas tributarias.
h) Fixa como domicilio en... para os efectos deste contrato, o seguinte núm. ... piso...
i) Une a esta proposición os seguintes documentos xustificadores do exposto.
En..., ... de... de 199...
O/a licitador/a
(Sinatura)
3.-O segundo sobre B, coa inscrición referida no apartado 1 desta cláusula, e co subtítulo «Documentación complementaria xustificativa para a admisión previa», conterá a documentación seguinte:
1. Memoria relativa á experiencia de modernas tecnoloxías vinculadas ó tipo de obra que se realizará.
2. Plan que propón a empresa para a execución da obra, de xeito que asegure a súa total execución no prazo previsto e que comprenderá a correcta programación das obras, segundo diagramas de tempos, actividades e previsión de custos.
3. Memoria sobre os medios persoais e materiais cos que conta a empresa. Achegarase ó mesmo tempo documentación acreditativa sobre a existencia da maquinaria, vehículos e outros elementos dos que é titular a empresa.
Respecto ó persoal da súa dependencia, a empresa acreditarao cos impresos TC-1 e TC-2 da Seguridade Social. A este respecto será preciso contar cun persoal non inferior ós 15 traballadores.
4. Documentación sobre adxudicación das obras ás que se refire a cláusula 2.4 deste prego.
5. Memoria xustificativa sobre outros factores análogos ós sinalados na cláusula 2 deste prego, agás o apartado 5. A presentación desta memoria é voluntaria para o contratista.
Pontedeume, 2 de febreiro de 1995.
Belarmino Freire Bujía
Alcalde