Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 1995 Páx. 1.346

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1995 pola que se convoca unha xornada de estudio sobre relacións colectivas na Administración pública.

Dentro das actividades da Escola Galega de Administración Pública para 1995, figura a realización dunha xornada de estudio sobre relacións colectivas na Administración pública.

1.-Obxecto.

O día 6 de marzo de 1995 terá lugar no salón de actos da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública de Ourense, unha xornada de estudio sobre relacións colectivas na Administración pública.

Os obxectivos desta xornada son estudiar conxuntamente a representación legal do persoal funcionario e a do laboral, distinguindo entre as dúas. Analiza-las eleccións a representantes legais do persoal laboral e do persoal funcionario á vista das novas leis 11/1994 e 18/1994. Distingui-la negociación colectiva funcionaria e laboral, aludindo ós seus contidos e limitacións. Aborda-la materia da conflictividade colectiva na Administración, e os seus mecanismos de solución. Describi-lo dereito de folga e o seu exercicio para o persoal funcionario e laboral da Administración. Someter a análise a negociación colectiva na Administración autonómica.

2.-Destinatarios.

Persoal laboral e funcionario de calquera das administracións públicas galegas, e particularmente os representantes legais dos colectivos correspondentes.

3.-Desenvolvemento e duración.

A xornada abrirase o luns, día 6 de marzo, ás 10.00 horas, e rematará ás 18.30 horas da tarde dese mesmo día.

4.-Inscrición.

-Prazo: remata o martes, día 1 de marzo de 1995.

-Lugar de presentación: no rexistro xeral da EGAP (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15703, Santiago de Compostela). Telf. 570800. Telefax nº 571540.

-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito.

As peticións de admisión poderanse enviar por correo ordinario ou por telefax ó número consignado.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

O número de prazas para asistir a esta xornada é limitado, e daráselle preferencia ó persoal vinculado á Administración pública que, no seu traballo, teña relación directa co obxecto desta actividade.

A partir do 3 de marzo, os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono en días laborables, das 11.30 ás 14.45 horas, ó seguinte número: 981-57 08 00 (ext. 229), ou ben consultando a lista de admitidos que se exporá no taboleiro de anuncios da ECAP 24 horas despois do remate do prazo de presentación de solicitudes.

5.-Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate desta xornada a aqueles asistentes que concorresen asiduamente a ela, e expresarase neste documento a natureza da actividade e a data da súa realización.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director xeral da Escola Galega de Administración

Pública