Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 1995 Páx. 1.348

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO de poxa (332/1994).

María Inmaculada Rodríguez Mahía, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes e o seu partido, fago saber que nos autos de xuízo sumario hipotecario do art. 131 da Lei hipotecaria núm. 332/1994, promovidos polo Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Benito Becerra Rosende e Preciosa del Río del Río, sobre reclamación de crédito hipotecario e contía de oitocentas sesenta e catro mil duascentas dúas pesetas (864.202) de principal, xuros, custas e gastos pactados na escritura de hipoteca, acordouse sacar a poxa pública polo termo de vinte días o predio que se describe ó final, que ten o prezo taxado polos interesados na escritura de constitución da hipoteca. O remate terá lugar nas datas e baixo as condicións seguintes:

Sinalamentos para as poxas:

Primeira poxa: día 26 de maio de 1995 ás doce horas.

Segunda poxa: día 3 de xullo de 1995 ás doce horas.

Terceira poxa: día 5 de setembro de 1995 ás doce horas.

Condicións das poxas:

Primeira.-Os autos e maila certificación do Rexistro da Propiedade están de manifesto na secretaría do xulgado.

Segunda.-Desde o anuncio ata a celebración da poxa poderanse facer ofertas por escrito en prego pechado, depositando na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, xuntando ó mesmo resgardo acreditativo de ofertas, que se conservarán no poder do secretario do xulgado, abríndose no acto de remate.

Terceira.-Para tomar parte na primeira poxa, os interesados deberán ingresar previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, número 156900018013893 do Banco Bilbao Vizcaya, S.A., unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento da taxación do predio.

Cuarta.-As ofertas poderanse facer coa condición de lle cede-lo remate a un terceiro.

Quinta.-Para o caso de non haber oferta admisible na primeira poxa, convócase unha segunda con rebaixa do vintecinco por cento da taxación, baixo as mesmas condicións que quedan ditas e establecéndose a consignación a que se refire o apartado anterior, no vinte por cento da cantidade rebaixada.

Sexta.-A terceira poxa, se é o caso, convócase sen suxeición a tipo nas mesmas condicións cás anteriores, debendo consigna-los interesados para poderen participar nela, unha cantidade igual ca sinalada para a segunda poxa.

Sétima.-A parte demandante está exenta da consignación establecida como requisito para poder participar nas poxas.

Oitava.-Enténdese que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os hai, ó crédito do actor continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, sen destinarse á extinción o prezo do remate.

Predios que se poxan e o seu tipo:

Número 333-1 do plano xeral de concentración parcelaria da zona de Lesta: monte, no sitio de Peneda da Pereira, de dúas hectáreas, once áreas e vinteoito centiáreas. Linda: norte, Carmen Rosende Louro (333-2); sur, Estrella Castro Bermúdez (332); leste, Carmen García García (358) e oeste, pista de concentración. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, no tomo 580, libro 145, folio 40, predio número 17.604.

Inscrita a hipoteca no Rexistro da Propiedade de Ordes, no tomo 580, libro 145, folio 40, predio número 17.604, inscrición 2º.

Tipo de taxación para efectos de poxa: oito millóns setecentas oitenta e dúas mil pesetas (8.782.000 ptas.)

E para que así conste e sirva de anuncio para o taboleiro de anuncios deste xulgado, para os diarios oficiais en que se acordou a súa inserción, así como de notificación ás debedores en caso de non seren atopados no predio, expido, selo e asino este edicto en Ordes o 15 de decembro de 1994.

María Inmaculada Rodríguez Mahía

Secretaria