Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 1995 Páx. 1.278

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 19 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-115/1994, devolta polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalan a continuación a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de vinte (20) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións nº 311-152-116/7 Caixa Galicia, oficina principal de Lugo.

ANEXO

Expediente: LU-115/1994.

Denunciado: José Vázquez Fernández.

DNI nº: 34.424.178.

Último enderezo coñecido: Lepanto, 29. Ourense.

Feitos imputados: Transporte de gando carecendo de cartilla gandeira, do certificado de desinfección do vehículo e do documento acreditativo de te-lo vehículo dado de alta no Servicio de Sanidade e Producción Animal da Delegación de Agricultura.

Tipificación infracción Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: artigo 196 e 52.

Precepto sancionador: artigo 213 e 215.

Sanción imposta: 8.000 ptas.

Lugo, 19 de xaneiro de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo