Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 1995 Páx. 1.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso, da subministración dun mínimo de seis vehículos todo terreo equipados para a loita contra os incendios forestais durante o ano 1995. (0501).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso:

Obxecto: adquisición dun mínimo de seis (6) vehículos todo terreo equipados para a loita contra os incendios forestais durante o ano 1995 (0501), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: oitenta e cinco millóns oitocentas mil pesetas (85.800.000 ptas.).

Fianza provisional: un millón setecentas dezaseis mil pesetas (1.716.000 ptas.).

Fianza definitiva: tres millóns catrocentas trinta e dúas mil pesetas (3.432.000 ptas).

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e de Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposiciéns: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago), o en calquera das vías administrativas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 21 de marzo de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 23 de marzo de 1995, ás 12 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes