Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 1995 Páx. 1.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso da subministración de equipamento para a realización dos traballos de prevención, detección e extinción de incendios forestais durante o ano 1995. (0502).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso:

Obxecto: adquisición de equipamento para a realización de traballos de prevención, detección e extinción de incendios forestais durante o ano 1995 (0502), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: sesenta e nove millóns setecentas corenta mil pesetas (69.740.000 ptas.).

Lote 1: 750 traxes ignífugos (ca-

misa e pantalón) a 13.500

ptas./ud., IVE incluído 10.125.000 ptas.

Lote 2: 3.800 fundas de algodón

ignifugado a 4.800 ptas./ud., IVE

incluído 18.240.000 ptas.

Lote 3: 2.300 pares de botas de

coiro hidrofugado a 6.600

ptas./par, IVE incluído 15.180.000 ptas.

Lote 4: 750 cascos de protección

a 1.200 ptas./ud., IVE incluído 900.000 ptas.

Lote 5: 4.000 pares de guantes de

traballo a 800 ptas./par., IVE

incluído 3.200.000 ptas.

Lote 6: 1.100 máscaras antifume

a 1.800 ptas./ud., IVE incluído 1.980.000 ptas.

Lote 7: 1.000 batelumes a 2.600

ptas./ud., IVE incluído 2.600.000 ptas.

Lote 8: 1.750 gafas de protección

a 1.300 ptas./ud., IVE incluído 2.275.000 ptas.

Lote 9: 1.400 cintos a 2.100

ptas./ud., IVE incluído 2.940.000 ptas.

Lote 10: 8.500 m de mangueira,

racorada en tramos de 20 m, a

16.000 ptas./tramos, IVE incluído 6.800.000 ptas.

Lote 11: 500 uds. de packs de ba-

terías para equipos portátiles de

comunicación por radio, a 11.000

ptas./uds 5.500.000 ptas.

TOTAL 69.740.000 ptas.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ofertados.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación do lote ou lotes adxudicados.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e de Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 23 de marzo de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 27 de marzo de 1995, ás 12 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

'Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes