Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 1995 Páx. 1.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 1995, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona de Lindín (Mondoñedo-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Lindín (Mondoñedo-Lugo), que co obxecto de que tomen posesión deles, póñense á disposición dos respectivos propietarios os predios de substitucións, fixándose como data límite, para a dita toma de posesión o 28 de febreiro de 1995, a falta de acordo do propietario das mesmas e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, contados desde o 1 de marzo de 1995, os interesados poderán reclamar, xuntando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.

Conforme o artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios será obxecto de compulsión directa, logo do apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos que a posesión dos predios de substitución outorga a aqueles que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada poderá verse privado das colleitas, a falta de acordo co adxudicatario.

Lugo, 23 de xaneiro de 1995.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento

Rural de Lugo